sobre colaboracións en vieiros do 05/03/2008 ( feira en chantada )
anque pareza que a cousa vai de chantada e que o noso concello é, por unha vez, o centro do mundo, o problema neste intre está en colombia, non en belesar nin en camporramiro. e concretamente habita na casa de nariño o disgusto que nos ocupa.
e é o de sempre: a venta indiscriminada dun país, dos séus recursos e dos séus habitantes, pola élite política emanada da burguesía. a entrega ó capital foráneo de todo o contido para alivio e solaz das clases máis influintes, que ven nesta manobra a seguranza do seu poder económico e patrimonial por varias xeracións.
poden os colaboradores de vieiros enzarzarse en diatribas que confluan na mala ou pésima xestión da economía de hugo chávez nos derradeiros anos e poden outros apelar as moi nefastas políticas de rapiña de líderes anteriores. poden, incluso, outros máis festexar e pontificar sobor do esforzo de tanto emigrante de entre o faro e o miño na terra das arepas. pero o que está en xogo na rexión, en sudamérica, é moito máis importante que todo eso.
importa máis que a actual tasa de inflación de venezuela ou que as formas dun político que se aparta dos cánones que marcan os asesores de imaxen ós que estamos acostumbrados nos camerinos de madrí. importa moito máis.
eu tamén teño amigos que teñen dificultades co governo chávez para mover capitais con dirección á península ou que se ven abocados a abonar unhas tasas impositivas que en tempos non pagaban, pero interpreto esas dificultades como algo cointural e anecdótico en comparación con todo o contubernio xeoestratéxico ó que está sometida a rexión.
o presidente chávez ordenou a movilización de tropas en dirección á fronteira oeste como protección da soberanía do país e así o fixo saber ó sr. presidente da república de colombia. para nada o fixo con intención de protexer as farc-up ou de sair en defensa de ecuador. soio dixo que esperaba que o mandatario sr. uribe se abstivese de persecucións, fosen contra quen fosen, dentro dos límites territoriais ou no espacio aéreo da república bolivariana de venezuela.
ese comunicado prodúxose o domingo, pero a expulsión do embaixador colombiano en caracas prodúxose o luns, día tres de marzo, mediante comunicado do ministerio do poder popular para as relacións exteriores e logo que o goberno de álvaro uribe, por boca do seu máximo responsable de seguridade, óscar naranjo, acusase o líder bolivariano de ter financiado con 300 millóns de dólares as tropas insurrectas colombianas comandadas por manuel marulanda e apoiase a este grupo na hipotética compra de 50 kg de uranio a través de irán.
para saber todas estas cousas e para poñer os feitos en orden non é necesario nin nacer en venezuela nin vivir alí. a partida mundial xógase de forma global e os intereses de uns e de outros están ben a vista.
os eeuu e os seus aliados conforman un poder e un futuro nefasto e sinto moito que a miña opinión disinta daqueles que creen que os do norte son the land of the brave and the free así como tamén que se apoien na pertenenza a un grupo étnico determinado ou á participación neste foro ( e a uns supostos vínculos de estilo nos temas a tratar e no fondo dos mesmos ) para intentar contrarrestar estas opinións.
de chantada, de galicia ou donde sexamos, eu estarei con hugo chávez e con quen se opoña ós requerimentos da forza de tarefa conxunta interaxencial do sur de estados unidos. por que é unha necesidade de saúde cultural, económica e social. non por que sexan berriches que artello no carballeira detrás dunha estrella galicia.