temporal na costa de madrí
parece ser que o equipo que emprega habitualmente helimer galicia, un sikorsky, estaba de revisión en noruega cando aconteceu o asunto do cordero. por elo foi enviado, co xa tristemente famoso retraso tan farfulleiramente explicado na comisión por toda esta caterva de malnacidos que nos goberna, un helicóptero de menor entidade, o dauphin n II, ferramenta glosada como óptima polos membros da clase política con responsabilidades no caso, pero rexeitada polos técnicos consultados por tódalas fontes que fun capaz de contrastar. inclusive o propio sepla critica o uso de esta aeronave ( que prestaba servizo no asunto prestige para a xunta como pesca1 e pesca2 e que foron trocados logo da experiencia co petroleiro polos sikorsky s 61 n ), que a pesares de ter maior autonomía, nin ten o aplomo do aparato norteaméricano nin a capacidade de voo estacionario automático, necesario para eliminar manobras no momento das operacións de salvamento, da mesma forma que o referido sindicato ten criticado os horarios e a conformación e formación dos equipos que helicsa, propietaria das aeronaves e concesionaria, ten contratados co ministerio de fomento a trevés da sociedade estatal salvamento marítimo.
ahora é o guindastre averiado ( recordemos que estes equipos acaban de revisarse na gran parada efectuada en noruega ) o que causa a morte de outra persoa, tal e como acontecera xa en agosto do 97 cando outros dous mariñeiros morreron nunha operación de rescate do rei alvárez II e non puderon ser izados por outra avería na grúa ( daquela falábase que era a primeira vez que se tiña constancia dun fallo semellante ) nin conseguiron chegar á balsa na que o salvamar touriñan topou a dous supervivintes do palangreiro e o rescatador que estaba encargado de izalos o sikorsky.
por suposto nadie é responsable. sonche as cousas do mar, diría algún. pero eu creo que son máis ben as cousas da terra, as cousas dunh administración alonxada en despachos da súa cidadanía e dun ministerio ( ou de varios ) que non queren saber nada de delegar as responsabilidades do salvamento en galicia e queren seguir a manexar o cotarro dende madrí.
non quixera pensar que, quizais, o concesionario do servizo, helicsa, non é competente tal e como afirman algunhas voces e que esta concesión está avalada pola amistade de anos que une a eduardo saavedra co mesmo rei xan carlos, pero esta negativa a descentralizar da capital do estado, que creo que non ten costas por ningún lado, este tipo de servizos públicos, tráenos a mente outros casos e irregularidades penosas cás que esta ineficaz casta directiva ten castigado a este pobo de choiva e calma o que soio concitan para votar e pagar impostos.