o sono dos xustos
ah, os imáns coen e o tipo de facía de ramón sampedro e protestaba contra a guerra, que interesante.
no ano 1999, igual que aquela serie da miña infancia dos tamén irmáns anderson, tardei todo o mes de setembro en comerme o gran lebowski. a cinta era unha vhs e sempre me despertaba as cinco da mañán co resplandor azul reinando na penumbra do cuarto.
á noite seguinte levaba a película ó punto no que eu creía que me dormira e volvía porme ó caso de ver tan senlleira obra. pero nada, o cabo dunhas horas volvía despertarme coa cor azul inundando a habitación.
así que ía pouco a pouco cada noite, antes que entre o cansacio e o sopor da trama me vencesen. pasaban uns poucos minutos e aquela cousa sumíame rápidamente nun plácido sono. nin sumial nin tranquimazín: os coen.
até cheguei a pensar si as sustancias que consumía o persoaxe interpretado por jeff bridges non se expandirían dagunha forma no meu cubículo e me ocasionarían estes trances ( en tempos oín falar do cine aromático en salas especializadas ), pero non, á mañán seguinte eu estaba lúcido e descansado, listo para unha nova xornada laboral para proveito da nación.
con esas tardei un mes en chegar os títulos de creto finais, que mesmo me deron para roncar a perna solta un par de noites.
oh brother, xa en dvd, cumpliu o seu cometido de idéntica maneira. eu, por entón, vivía soio e levaba unha vida moi ordenada e celosamente estructurada en función dos horarios.
rematada a cea, logo de fregar e colocala cociña, sentábame diante de turturro, clooney e demais compaña dust bolw e en minutos ficaba redondo no sofá ca baba caéndome pola comisura dos beizos.
horas despois despertaba con algo de molestia no pescozo e de forma catatónica íame á cama cercana chocando cás paredes do pasillo.
como troquei de vida e me volvín home de familia neste século, nunca dei pasado do incendio do establo, pero manteño na miña videoteca a película, por si algún día sufro alteracións do sono e preciso de novo amodorrarme con algo más potente que o rohipnol.