parábola de palacio
un feito pequeno pon de manifesto toda a podremia estructural do edificio político de galicia e recórdame aquela parábola de borges donde o poeta, pronunciando unha soa palabra, puña coto o poder omnímodo do emperador amarelo e o momento era mandado decapitar.
aquí, neste tempo pouco proclive a outras comunicacións que as que van de arriba-abaixo ( do poder ó pobo ), de pronto ese feito que creíamos nimio e coloquial de protestar nun edificio universitario contra algo co que non estás de acordo, transfórmase na representación palpable da realidade e ilustra a enorme separación entre gobernantes e gobernados.
nesta parábola de palacio de ahora vemos cristalinamente como aqueles que acadan a representación popular polos instrumentos que se teñen marcado ahora mesmo para esas lides, incluso en pouco tempo se voltan autistas os sentires da súa cidadanía.
e ante estes cidadáns que sinten, que berran, que manifestan de mellor ou de peor forma o seu contento ou descontento, os poderes públicos, que deberían protexer estas protestas, canalizalas e analizalas, responden co desdén cando non co intento de apagar esas voces discordantes entre terribles diatribas mediáticas e golpizas e persecucións por parte dos corpos esbirros.
pois ben, cidadáns. ahí temos a ensinanza deste feito: se ningún dos que críamos nosos representantes foi capaz de volvela cabeza contra esta absurda caza de bruxas, contra este acto desquiciado, é que non son realmente representantes nosos. ningún de eles.
se cadra, o seu sexa gobernar con temor, sabedores de que o poder momentáneo que detentan non é nin de eles nin do famoso pobo soberán. quizás eles entendan que o poder é dos outros, dos de sempre, dos que tiran co faixo e do carro, e que por eso non merecen as súas poltronas o risco de disgustar a algún conselleiro delegado das corporacións bancarias nin das empesas de renome. é posible que sexa eso no caso de que non sexa aínda algo peor.
dixo o poeta unha palabra: vergonza. e nese vocábulo está contido o noso mundo.