Publicidad:
La Coctelera

baltar69

1 Febrero 2008

táctica e estratexia

tal e como aprendín dende pequeno, as cousas sempre teñen un porqué. e a mín déume por razoar que a curia administrativa da igrexa católica está realmente agradecida a zapatero polos desvelos de lexislar uns tramos do irpf e manter os concordatos a favor, ambos, dos representantes na terra de deus noso señor, de forma que o pretendido enfrentamento por bodas homosexuais ou educacións para a cidadanía, entre outras minucias, non é máis que unha sutil manobra para manter ós ultras de flagelo convencidos na comunión diaria mentras se nada e se garda a roupa cás cousas de comer.

non creo que estes embates que lanza a igrexa católica por boca de "el padre martínez camino" axuden o máis mínimo a mariano rajoy e o seu pepé a sumar adhesións, polo que imaxino con aspecto grave e urdindo como colocalas velas ante estes ventos tormentosos os seus directores de mercadotécnia, mentras que esa impresionante solfa é recibida como auga de maio polos socialistas, que a utilizan para espelir a un electorado que teñen totalmente adormecido e ó que temen non despertar a tempo para dentro de pouco máis dun mes.

o caso é que o partido popular semella ter o seu potencial electoral preparado para conquerir uns resultados semellantes ós da última cita electoral naquelas menesterosas datas de 2004, pero o partido socialista obrero español aínda non conseguiu tantas adhesións coma as que lle serviron entón para acadar casi os once millóns de papeletas brancas. e de esa necesidade de rabuñar votos á abstención nacen estas pretendidas disputas ideolóxicas no máis puro estilo valderrama/abril, pois os de blanco saben que a esquerda menos acomodaticia leva xa meses decatándose que a determinación do presidente do goberno non é tal aquela que intentaba amosar nos primeiros intres do seu acceso ó cargo e que, detrás do seu verbo pausado e actitude amistosa, non se esconde outra artimaña que unha visión acomodada e centrista do país.

así que eu animaría ós indecisos e escarmonados cá contemporización do pesoe a non deixarse levar por ese racial anticlericalismo, do que dín as linguas que somos grandes detentadores os ibéricos ( e non é para menos e eu no feixe, por suposto ) e acometela traca final da campaña electoral con tranquilidade e acougo, na certeza de que o líder leonés é tan falso coma un billete de tres euros e para nada soupo tomar nota do que lle dixeron as urnas vai para catro anos. e si non soupo facelo neste tempo, nada nos garantiza que se esforce por aprendelo cara o futuro.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera