Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

24 Enero 2008

a desfeita

non se dan conta estes políticos que con estas burdas maniobras e estas leises capciosas están eles mesmos socavando o estado dunha forma ben máis perigosa que tódolos grupos que, armados ou non, o poñen as claras nos seus predicamentos? esta clase noble de mandaricas non se decata da sima na que se están enterrando e do grao de desprestixio que pronto haberá que
afrontar por toda esta deriva?

o arrastrarse eles, arrastran ao estado e os cidadáns, arrasan a democracia e amosan a auténtica faciana dun fracaso na convivencia e no respeto que nos devolve as páxinas máis negras da historia ibérica do século anterior. ningún de eles serve realmente a españa. sérvense a sí mesmos, os seus lobbys ou partidos, pero para nada a un intento colectivo de integración.

é un triste espectáculo e non lles quepa duda ós lectores que acabará coma o rosario da aurora, como decía gil de biedma: de todas las historias de la historia, sin duda la más triste es la de españa, por que acaba mal.

a mín, particularmente, non me leva lástima ningunha este
crepúsculo da irrisoria e prepotente patria de cervantes e ando incluso a teimar en participar no akelarre para que todo estoupe canto antes e, a falta de c4 co que inmolarme e de conviccións para transformarme en mártir, pido e cedo a miña papeleta a don mariano rajoy brey, pois sei que si o partido popular se instaura de novo no goberno, o impulso nacional tanto en euzkadi coma en catalunya e en galicia medrará exponencialmente até un punto en que a convivencia sexa xa de todo imposible en menos de catro anos vista.

un regalo. é un regalo que nos fan ós independentistas esta insólita cuadrilla que xa fai moito confundiu servir con ser servido.

e os regalos hai que aceptalos. quén dixo medo?

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera