Publicidad:
La Coctelera

baltar69

20 Diciembre 2007

a mellor arma para o caos

os de madrí xa perderon o rumbo de todo. é a deriva total.

cada novo paso ven a pechar máis a cancela e aqueles que braman e loitan por manter as estructuras do estado segundo o plano actual, non se dan conta que son eles mesmos quenes están enterrando calquera atisbo de convivencia cara o futuro.

españa, como realidade xurídica, como ectoplasma vaporoso en forma de pel de touro, existe e así seguirá mentras a audiencia
nacional o lexisle con rapsodias, pero socialmente o estado está roto, acabado e esgotado. e cada día eses mesmos botan unhas lousas maiores enriba.

quen máis facultado está para facer cachos o coñecido é o
pp, que na sua debacle na búsqueda do poder político non se detivo ante nada e será imposible que mude esta saña destructiva nos vindeiros anos. toda a sua defensa da patria transformóuse, coma por encanto, na mellor ferramenta de quen tenta destruíla.

pero quen detentou estes anos o poder político pero foi barrido pola oposición en moitísimos casos, o psoe, é a proba palpable do fracaso: si realmente dín o que pensan, si a súa teoría política é a que dimana estes días de moncloa, nada se pode esperar distinto con eles do que nos daría a dereita. e si o que están facendo e decindo é para gañar as eleccións, inda é peor, pois confirmará que a familia española está rota e que conformamos un estado inmaduro e inculto donde se pode xogar con nos como si fósemos a
pelota do 27; soio se pode falar portas adentro e baixiño, que fora
está o coco.

é unha interesante situación que se desvelerá nuns meses, pero eu xa case penso en votar a mariano raxoi para que todo se vaia a tomar polo cú canto antes. puro nihilismo, pero a falta de outra
cousa, o pp será o meu cinto de explosivos para reventar españa!!!
pum.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera