domingo negro
este domingo foi rexeitada en venezuela unha opción que podería marcar un punto de inflexión na mecánica sociopolítica do continente americano e que, por ende, suporía un referente importante para o resto do mundo nestes momentos de esgote do modelo ultraliberal: un estado democrático e occidental, logo de douscentos anos de traxectoria rexida polas élites criollas e entregada ó experimento capitalista, asumía unha serie de avances de caracter socialista nunha nova declaración de intencións que viña a cumplimentar e a avanzar algunhas consideracións da anterior carta do ano 1999.
a negativa por parte dun amplo sector da poboación a este axuste, constitúe un revés para a revolución bolivariana e tanto o resultado en número de votos negativos como as cifras absolutas de abstención, veñen a dibuxar unha sociedade na que a
ideoloxía revolucionaria non está o suficientemente arraigada.
poden facerse outras moitas e coadvuvantes lecturas, basadas nas presións que moitas e distintas forzas antirrevolucionarias efectuaron para enfrentrse ao sí, pero o que está claro é que, a día de hoxe, o estado sudamericano carece de rédito político e social suficiente para conformar a punta dun movemento libertador na zona e deberá replantearse a actitude e implementar na cidadanía, nun futuro próximo, unha maior conciencia do que realmente está en xogo no taboleiro estratéxico mundial.