alzamiento nacional
dicen no estuario do plata cando se anda quente que se está alzado.
coido
que a dereita, finalmente, se topa así: alzada. alzada como una perra
en celo, expresión que utilizaba alguén fai uns anos e recollo para
dibuxar o momento de este grupo político e social.
ca chegada da
democracia esta que temos, os antigos inquisidores, os curas que
mantiñan o rebaño en contacto ca gobernación militar e os vellos
falanxistas que sinalaban co dedo os veciños máis molestos, moderaron
os seus tics airados e deixaron a voz estentórea para tratos de portas
adentro e, igual que nos tíos de sicilia de sciascia, os nosos
retiraron gafas de sol, afeitaron bigotiños e tiraron á escurrucha ou ó
tellado de enfrente as medallas da vella garda e as cruces de borgoña
que levaban nas chaquetas.
pero, de pronto , volven a sentirse
fortes, excitados polo viagra patrioteiro; volven a sentila chamada de
la gran madre patria, en estos acíagos tiempos en que el desgobierno y
el empuje de los nacionalismos erosiona la espina dorsal de nuestro
pasado glorioso. e non falta razón a quen os ve nun estado
preguerracivilista que, de non dar máis risa que outra cousa, podería
ser preocupante.
no medio de esa fortaleza na que campan, aparece de
novo a chulería, a altaneira conciencia de clase supina, o desafío das
leises que recoñecen para o resto dos contribuíntes pero que sinten que
a eles, descendentes de cristobal colón e dunha ruda estirpe de
mariñeiros inclinados o roubo e o escalo en nome de deus noso señor,
lles resbala.
alzados!!! alzados e envalentonados, coma cans os que
o cheiro dunha cona pon tarumbas, listos e prestos para a gresca, para
o chascarrillo. jeje!!
decir que non se acordan, que xa fai tantos
anos de eso que non gardan na cabeza información sobre o feito,
acostumados como están a levar día a día as riendas da gobernación de
las españas, non é máis que unha chanza, unha ocurrencia para contar o
fin de semana no círculo recreativo os compañeiros de partida ou
mentras se pasan, con xesto desaprobatorio, as páxinas do abc. y viste
lo que le dije al soplagaitas ese del bloque?
sábense intocables. de
feito son intocables; sono por que ningún de nos se levanta e lles mete
un moquete, un de esos que se lles pega os nenos para que modifiquen a
conducta errática e volvan o chan. un sopapo de man aberta que estes
non merecen puño pechado, a ver home, responda ó que lle preguntan,
hostia, que son os representantes dos que vostede e outros cantos levan
roubando lustro tras século. mecagoendios.