Publicidad:
La Coctelera

baltar69

5 Octubre 2007

omd ( maniobras orquestales en la oscuridad )

parece como si o pnv estivese a darlle motivos o pepé e
batasuna o pesoe, non? si o mundo fose como nos queren ensinar ca educación á
cidadanía, todas estas manobras non farían falla, pero hai unha grande
distancia entre e teoría e a práctica.

ibarretxe pon nun brete ao partido socialista e a pingue
ventaxa da que dín que dispuña ferraz frente a xénova, nunhas hipotéticas
eleccións a día de xá, desvanécese até o empate técnico. mariano raxoi, que
vexetaba no limbo da incomprensión e camiñaba cara un estampinarse certeiro,
fáise de pronto atraínte para a españa que se toma en serio a posible
fragmentación da terra acuñada polos reises católicos e o presidente zapatero,
coitado, semella non conter o suficiente as ínfulas soberanistas dos vascos.

pero cómo que non? non estamos a deter a todo quisque na
esquerda nacionalista vasca? volveuse ó
cárcere a de juana, meteuse a otegui adentro tamén, colleron en francia a non
sei cantos rapaces buscados por caleborroca, impediron non sei cantas masacres con
coche bomba en andalucía e levante... e ahora, coma nos mellores tempos do
aznarismo, meten para adentro á mesa nacional de batasuna ( bueno, ahora meten
a mesa cesante e a que se quería constituir, meten a tódolos que estaban: os
donos da casa, os camareros, a un fulano que pasaba por alí leer o contador do
gas... ). el gobierno se muestra fuerte y resoluto en defensa del ordenamiento
jurídico, parece decir rubalcaba desde os seus mírares cuévanos.

tal e como non se xoga cas cousas de comer, con estas tampouco
se improvisa; todo semella unha folla de ruta predefinida. a vontade de zapatero
de achar solución o problema das nacionalidades e a refundación do estado para unha
conviencia, de polo menos outros 30 anos, topou a férrea oposición do partido popular e dos séus altavoces mediáticos,
non tanto porque a dereita non saiba tamén da existencia de ese follón e da
necesidade de arremangarse e ocuparse de el, se non porque a loita política no
occidente democrático volveuse tan enconada ante a necesidade de detentar o
poder para manexarse cos grandes grupos económicos, que todo vale para
desaloxar o contrincante das parcelas gubernamentais. así que non quedou máis
remedio que mudala estratexia. eta e o seu entorno coñecían perfectamente as
difícultades polas que pasaría o proceso, mentras que o pesoe intúía que sí,
que podía ser largo e que precisaría de varias lexislaturas. fixeron falla, como
non, postas en escea, a máis cruel de elas a que acabou ca vida dos dous
inmigrantes ecuatorianos na terminal de baraxas, e que se continúa ahora con estes hipotéticos
terroristas a los que las fuerzas de orden constitucional detienen entes de
cometer el bárbaro atentado que planeaban cometer en próximso días. xa.

quizás o que non entraba nos plans de batasuna nin do pesoe é
a aparición do pnv resucitando o seu perfil máis soberanista, adormecido dende
que arzalluz vise desautorizado o seu delfín polo candidado imaz, apoiado(
anque os editores dos medios informativos non o recorden) polo mismísimo
lendakari que ahora parece o seu maior contrincante ideolóxico. así imaz é a víctima
propiciatoria para sacrificarse ante o altar do de llodio, que dende as pasadas
elección síntese o home forte do partido, pois non en vano evitou co seu
carisma e capacidade unha caída maior do pnv, caída que parecía abocada a ser
soada si o tirón batasuna/pesoe prosigue ate acadar o acordo de paz. o sector máis soberanista ( que é maioritario,
por certo ) do partido sabinista corría o risco de seducirse polas teses de ea
e mesmo de buscala recuperación de batasuna e acatar moitos dos seus
postulados. de ahí que o lendakari
volvese ahora á carga co seu plan, xusto nun momento en que o goberno central
puña toda a súa artimañada no entorno eta/batasuna. non é de extrañar tampouco
que a análise dende madrid sexa de película de bons e malos: imaz é o moderno,
o progresista, o bon e ibarretxe é o malvado que quere ganar en augas revoltas,
que quere a secesión e que representa o pasado e o rh. da, da, da.

sen dúbida agardan tempos interesantes na area política,
donde non faltarán traizóns e vaivéns e donde sobrarán tamén mentiras e falsas
postas en escea con persoaxes centrais e invitados de luxo, como este garzón
recurrente. pero eu creo que o camiño que esbozo non difiere moito da
realidade. e é que ésta non ten moito máis para donde ir. sen duda sería máis
recomendable poder facer estas cousas á luz do día, pero hai demasiados
intereses interrelacionados; dalgunha forma, no futuro, haberá quen recoñeza a
zapatero a sua labor mediadora e a sua recontrucción da pel de toro, pero, o
non contar co pobo para facela, coido que quedará coxa e sera insuficiente para
as aspiracións reais dos cidadans, anque un de esos moitos referendum que se
fan lle dé un baño de lexitimidade.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera