Publicidad:
La Coctelera

baltar69

26 Septiembre 2007

non me acaricies o pelo

vín na tvg o luns á noite ó pucheiro intentando coincidir con blanco valdés no asunto plus altos cargos, mentras antón galocha mantíñase nun discreto e respetuoso segundo plano. ambos laiábanse do que definiron como un mal entendido, mentras soltaban tópicos e verdades de perogrullo en forma de refráns de vello sapoconcho, o tempo que botaban as culpas ó mal explicada que fora a medida dende o poder e ós inevitables celos da poboación inculta e rastrera, pouco dada a preocuparse polas miserias da carreira funcionarial e os seus necesarios complementos. a cousa quedou inda máis lúgubre do que ficaba ó principio, xa que o cometido dos invitados parecía máis de sementar confusión que de crear debate e falouse de alcaldes, concellais e diputados mentras o columnista da la voz contraíase e repetía que eso era un problema administrativo e non político. a boutade final lanzouna un impoluto eiré que rematou a intervención cunha desordenada trifulca donde mezclaba churras con merinas e soldos da empresa pública có decreto. eu, que estaba atento, non entendín nada do que decía e atribuíno tamén a esa dificultade para explicar cousas que os contertulios achacaban a administración autonómica. quitei, eso sí, en claro que defendían a medida, sobre todo o director de a nosa terra, para non cargar contra o seu brazo político a responsabilidade, que a ten, de ter votado a favor de esa lei.
ahora aparecen os sindicalistas poñendo a cara. non sei se son os mesmos que pactan os cargos e os aprobados nas oposicións, pero teño por seguro que o fan como manobra de descargo, como distracción ou o peor para salvarse da queima, pero nos dous anos que leva o bng no goberno da xunta xa deu suficientes exemplos de como é o seu talante. de nada vale a mirada crara e a voz laiosa de aymerich: feitos son amores. e eu non son calvo, pero xa non me quedan pelos de tonto.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera