roxie ( e velma kelly ) no cantón
noite fría a que facía en chantada o día 21 de agosto; e eso sempre condiciona un pouco a asistencia a espectáculos o ar libre.
no programa de man que recolle os eventos das festas anunciábase rosi, polo b.a. teatro. acostumado a representacións de sabor tradicional ( boh, ráncias, debería decir ) non sabía para nada o que ía atoparme e fun máis ben por facer bulto e como apoio a este tipo de iniciativas que por outra cousa.
a obra botara a andar cando cheguei, pero a praza do cantón permanecía en silencio e un grupo de persoas apelotoneábanse no escenario. inda non rematara de sentarme cando os actores desapareceron e o cabo duns segundos saíu unha muller e falou, a viva voz, pedindo desculpas o público mentras anunciaba que ían empezar de novo a actuación e cargando contra o son: é un
musical, dixo cunha nota de amargura na voz. foi tal o flash que eu pensei que todo aquelo pertenecía a obra. qué coño é esto?, pensei e prestei un pouco máis de atención a ambientación da mesma plaza.
detrás, cuns auriculares calzados á cabeza, o josé manuel do
perlada e alguén máis afanábanse sobre unha mesa de mezclas. diante, o lado do escenario, parecéume distinguir as antenas de varios sistemas de microfonía inalámbrica de akg. un sistema de altavoces facía chegar leves cuchicheos e algún que outro ruído estático e o escenario ensinaba unhas teas negras sobre uns soportes de aceiro. a cousa non podía ser máis esquemática e triste. o tarimado, o igual que todos estes anos, parece ben disposto para unha subasta de pescado ou a un concurso de frisón e para nada acentúa a imaxe telúrica de soedade e valeiro que debe ter unha platea sin o concurso de actores.
xa me ía marchar, enfadado conmigo mesmo por non ter previsto o desastre sabendo de donde ven o asunto, cando empezou a soala música. primeiro pensei que era un erro de alguén, do josé manuel sen ir máis aló, pero pouco a pouco a música, ante a insistencia de algunha das actrices que reclamaba máis volume ca man, foi subindo. all that jazz. coño, ahí rosi transformoúseme o
momento en roxie e o conxunto nunha das obras senlleiras de bob fosse: chicago, que iniciou a andadura en brodway no ano 75 e que o director non puido fixar no celuloide debido a súa pronta morte ( anque o título de all that jazz valéulle para bautizar a sua obra fílmica máis perfecta catro anos despois ).
toparme con fosse sempre é motivo de alegría: foi único. e non
soio por ser un excelente guionista, un magnífico coreógrafo e un director de actores solvente. foi ademais unha persoa dotada dunha mirada sobre o mundo irónica, pero profundamente humana. outro ánxel feramente humán, como diría blas de otero. e topar parte da súa esencia, da súa semente alí, naquela praza ridícula
dun pobo ridículo, encasquetado e chantado en sí mesmo, foi case como toparme cun familiar na diáspora ou cun amigo o que levo moito tempo sen abrazar.
a posta en escea do grupo de teatro da biblioteca de antas de ulla é fugaz, mínima. o vestuario é esquemático, uniforme. os ersoaxes
fican exentos de glamour, anque se trata dunha obra na que o aspecto visual é importantísimo. asemella máis un ensaio que unha representación propiamente. pero o que se busca con esa rixidez é o fondo do persoaxe é a comunicación co actor. e as rapazas conseguen chegar o espectador a base de paciencia e simpatía. a representación estivo plagada de fallos de tipo técnico, foi algo imperdonable por parte da organización, unha falta máis de respeto a que os estamentos políticos tanto nos teñen acostumados. non sei si o alcalde da vila ( presente na representación ) fará algo o respecto, anque temo que non. estes fallos técnicos ( sobre todo
no son e na iluminación ) daban lugar a imaxes inconexas ( no musical de fosse, pero tamén en todo o teatro, o ritmo é crucial. o actor nunca pode perdelo control sobor do público ) e chocantes e acrecentou durante un bo cacho o nervosismo das actrices, facéndolles cometer erros no texto e nas coreografías. pero, a pesares de todo o que tiñan en contra, segundo a obra avanzaba, fóronse afianzando nos persoaxes e os números da segunda metade estiveron moito mellor. fago referencia, sobre todo, o sólo do persoaxe amos hart e a traca final, conroxie e velma despoxándose das súas indumentarias grises e amosando o colorido
e o gosto vital no máis puro estilo broadway. e é ese persoaxe e esa xove actriz ( falo de velma kelly ) o máis impactante de toda a representación. a mociña de corpo pequeno destila unha sensualidade nos seus movementos capaz de alonxalo frío reinante e a fachendosidade da persoaxe está perfectamente lograda até
nos momentos de máximo descontrol. non quixera facela sobresair moito sobor do conxunto, pois o que importa sempre é o grupo, pero neste caso coido que esta rapariga está un pouco por encima das súas compañeiras de reparto, tanto no tocante a expresión corporal como a gusto coreográfico.
non coñezo os responsabeis de este grupo teatral, ignoro todo o que ten que ver con eles, pero resulta, cando menos estimulante, que, dunha pequena poboación como é antas de ulla, un grupo de persoas se xunte para labores tan estimulantes. sen dúbida, detrás de todo esto, alguén que sabe ben o que se fai está a levar a estes xóvenes por un camiño ben máis interesante e comprometido que o manido e reiterado por outros grupos e bandas teatrais que,
sumerxéndose nunha pretendida tradición mal entendida, traen a escea, ano tras ano, indixestos rípios indignos de ser representados.