outro enemigo do pobo
ten razón este home, bernardo bastida, en declararse preso político. a administración non se topa o servicio dos cidadáns, se non que todos somos reféns de ese poder omnímodo e opresor que configura o aparataxe estatal.
ahora, merced as movilizacións e os pequenos ecos que estas acadaron nos medios, podemos atisbalo burato, o grosor da desfeita dunha administración que promoveu e axilizou, no medio dun secretismo que non pode por menos que tildarse de alevoso, a instalación dunha infraestructura en tempo e lugar indebidos e que nos costou os cidadáns ( e nos seguirá costanto, e espero que non en materia de vidas se non que soio de facenda ) xa unha boa chea do diñeiro dos nosos impostos para ser engulidos no altar do librecomercio e do futuro industrial de galiza. unha administración
que, ahora con outro talante ( non en vano desapareceron pita e diz guedes, auténticos caras de can con ollo vidroso e baba insolente, os que espero que non acabe facendo bos ameitjeiras ), desmárcase decindo que sí, que as cousas non se fixeron ben, pero que se lle vai facer, ahora xa está o asunto feito... e logo, dónde estaban estes antes? estaban ocupados traballando nunha zanxa para o cable de r ou pastando as vacas na vacariza? ou é que a eles tamén lles achegaron algún cacho de chourizo?
é unha vergoña que ahora eses poderes que xogaron ca saúde e ca renta de toda esta xentiña ( votantes e contribuintes, no argot político )se revolvan a dar coletazos e enchironen o patrón da confradía por facer o que estes botarates foron incapaces de facer: defendela ría e os intereses dos habitantes de ferrol frente o capital especulativo. non quero imaxinar canto falarían os medios do demcrático polanco de esto e canto o corearían tanto o ministro de exteriores como a sin par vicepresidenta do executivo sito na capital da estepa, si estes feitos acontecesen nos feudos de hugo chávez ou nos de rafael correa.