a fogueira das vanidades do bng
nestes tempos de grandes palabras e consensos cimentados por
comenencias, o imposible equilibrio no que tenta manterse o grupo
frentista é toda unha declaración de intencións.
dentro de esa retórica valeira, a única ventaxa da que poden gozar estes esforzados paladíns da liberdade e da paz, vai ser a dos emolumentos que, do erario público, transitan sixilosos ás contas correntes dos máis prominentes cargos para transformalos en moradores de despachos mullidos mentras que, e parafraseando a darío, a sociedade fermosa e sana sonríe os máis displicentes, con cara de boba musitando frases e azaneando que sí.
pero non. como decía ferreiro: non.
resulta increible que, nun asunto no que ben se podía pasar de puntiñas para que logo os que xa temos anos non forcémolo recordo de ver a telesforo monzón enriba do palco cós cadros da upg, os encargados de cagar opinións veñan ca cantinela arroupazapateros. o problema non é tanto de eta, como se nos quere facer ver, se non da inoperancia e impotencia dun grupo de políticos que asaltou as areas do estado en busca de algo que sabía a ruptura e que soio é capaz de pasar de lado pedindo escusas a condolezza e a rajoy, grandes de españa. e ese fin de
tregua é, máis que outra cousa, a expresión concreta e real dunha
derrota: da de zapatero. pero ollo, non vaia o bloque inmolarse na
mesma pira únicamente pola vicepresidencia e polas consellerías de
industria e medio rural ( que indudablemente son importantes, anque habería que estudar detidamente para quen ); este novo pesoe cheira a vello e rancio. foi doado gobernar mentras chegaban as boas palabras, mentras non houbo que facer concesións. foi coma unha tarde de merenda con roupa nova e unha moza guapiña deitada na erba fresca, pero haberá que ver como se faixan estes tipos cando empecen os tiros. e eu non dou
un peso por eles; cando a couse se poña negra, o aparato da famosa e plural democracia española, váinos fagocitar a todos. sen duda vai ser divertido ver como se escaralla todo esto do talante, máis que nada para saber que farán os asesores de imaxe cas cexas do presidente.