a náusea
resulta increíble que estemos chegando a estes puntos de
ignominia. despois do teatro do absurdo, da pintura abstracta e da música
dodecafónica, estamos a alumar unha política que é unha impertinente mezcolanza
dos tres adxetivos anteriores, pero sin o contido creativo e identitario que
para os artistas tiñan eses campos de expresión experimental.
todo faise cá complicidade, claro está, dunha cidadanía
adormilada polos telediarios que empaquetan entrevistas a fernando torres,
fernando alonso, fernando morientes e demais iconos fernandiles da vaguedade e
da estupidez, servicios de noticias de deseño que falan de ongs e de okupas, de
espectáculos na rúa e de movementos alternativos. mentras os usa aprestanse a
un ataque nuclear contra irán que será presenciado como cine de evasión polo
entramado bancario-familiar.
ahora perdemos a vergoña, sacámonos o velo. zapatero perde pé
e dámonos conta que non é máis que outro invitado desta aberrante transición
cara a nada. menguamos e menguamos, como a persoaxe de matheson, até alumar un
novo horizonte do microscópico, do vulgar, do deleznable, do rastrero. tódolos
aparatos do estado o servicio da estulticia, da tergiversación, da mentira.
todos eles conformando de novo o estado represor que críamos domeñado.
creen que así manterán españa, creen que así manterán as súas
prebendas, os seus postos, os seus cargos na administración xeral con base en
madrid. pero están a armar a destrucción, pois o conglomerado caerase de podre.
será suficiente que apareza un requicio por algún lado e todo esto que edifican
con dúplicas e réplicas, barnices sobre o desconchado, dimes e diretes, baterá
contra o chan e reducirá toda esta merda a escombro.
o único camiño que pode apuntalar un pouco a construcción é
o recoñecemento da diferenciación, a posibilidade dunha nova e armoniosa
reformulación de este vello e insolente estado centralista e ladrón que ten
enganados e arrastrados o papel de meros súbditos a máis de corenta millóns de
hipotecados cidadáns, cada un preso das súas respectivas deudas e culpas.
pero si, tal e como se prevé, os poderes públicos, tan
alleos o público e tan cercanos as poltronas e as panzas de lexisladores e
rexentes, anulan a candidatura de asb, será o acabose. estábamos al borde del abismo
y fuimos capaces de dar un paso al frente, dixo unha vez un xeneral uruguaio,
dando fé no discurso da súa elevada capacidad léxica e intelectual. aquí tamén,
será o paso definitivo cara unha caída sen fondo. ignoro os resquicios legais
no que se fundamentará todo o artiluxio, pero unha cousa está clara, incluso
dentro da impresentable ley que suscribiron aznar e zapatero no seu momento:
ningunha das persoas que conforman este grupo da esquerda aberztale está
ilegalizada, se non que é unha plataforma política a que sí o esté, e ningunha
de elas ten merma ou perda ningunha da sua capacidade política e organizativa.
que coincidan en militancia e ideoloxía non pode ser obvice para frenar a
formación dun colectivo. o feito de que
unidade se diga en euskera batasuna non significa máis correa de trasmisión que
si se dixera liberdade (askatasun ), que como se sabe é a verba que se esconde
detrás da a de e.t.a. si dende galicia se presentase un proxecto que se
denominase unidade patriótica socialista da terra chá, non creo que naide
pudese armar tanto barullo. rajoy, un gran galego de pulpo e puro, non babaría
os micrófonos ca sua lengua zarabeta e conde pumpido, gran galego tamén, non gazmoñearía detrás dos insolentes pelos da
súas barbas. pero como son vascos, oh,
dios mío, vascos, bascos, euskaldunes, terroristas, culpables de mil problemas,
da violencia de xénero, da especulación, da guerra de corea... teñen que pasar
por unha vergoñenta criba, teñen que arrastrse e publicar unha nota que ningún
partido ten nos seus estatutos. acaso o pp non foi favorable a carnicería irakí,
o psoe a balcánica e todos nos celebramos, como decindo que qué se lle vai
facer, que harry s. truman mandara dous pepinazos nucleares en 1945 sobre a
poboación civil de hiroshima e nagasaki?
anden a cagar e sigan
roubando diñeiro e vontade, pero conmigo non conten para tanta ignominia. nin
rajoys nin zapateros. e tampouco quintanas. chegou o momento de érguelo cú, e o
que cale e otorgue esta vez, quedará manchado e mutilado para sempre.