Publicidad:
La Coctelera

baltar69

26 Marzo 2007

aznar

moito se fala nos derradeiros días da incursión aznariana na guerra de irak. por mor de ser razoable, creo de xustiza separar o que fixo o antigo líder do pp do que fixeron dous dos compiches da foto insular. tanto aznar coma o actual presidente da comisión europea foron un par de comparsas da rimbombante coalición dos dispostos e axudaron como logistas aplicados os dictados dos seus maiores, pero foron bush e blair os que arrastraron. como decía blas de otero: eeuu sale de espadas para defender el oro.

pero, as causas da guerra e do futuro de irak, foron mellor interpretadas e asumidas por aznar e o seu goberno, que polo resto do pobo español. ahí o que fallou foi a capacidade do expresidente para achegar á cidadanía os datos de que dispuña e de eso ten máis culpa o seu ridículo bigotiño e a súa incapacidade para sorrir que tódalas estratexias que o seu grupo de asesores atesoraba.

temos que pensar que a tradición relixiosa e cultural do estado tende a primar as boas e mansas actitudes frente as zonas de sombra nas que se move a xeopolítica e a economía mundial, polo que os medios que controlan o electorado menos entregado e entrenado nas tácticas políticas e económicas xogaron neste tema como si dunha película de bos e de malos se tratase. o bon é o pacifismo, o caravel na boca do fusil, victor e ana collidos da man e o malo son as bombas, os tiros, as violacións televisivas dos dereitos humanos...

todo eso non era máis que a representación en formato familiar e asumible dunhas tácticas, dunha loita titánica entre varios poderes que pugnaban por facerse cas reservas de crú máis importantes do globo.

segundo as teorías de picos de hubbert e os seus seguidores, o consumo mundial de derivados do petróleo sube de forma tan exponencial con respecto as reservas que estas están condenadas a esgotarse en pouco tempo. os máis optimistas falan de cen anos, pero omiten decir que esas reservas que cubren un século son reservas moito máis difíciles de extraer e refinar que as que se coñecen na zona en conflico. así, hai teorías que apuntan a que as reservas que serían capaces de manter o crú a un prezo asumible por parte das economías industriais teñen unha duración de uns quince anos. pero visto o incremento que o bidón de brent esperimentou, chegando case a triplicarse fai uns meses, outros aducen que as reservas teñen menos prolongación no tempo. e hai quen asegura que, por mor das políticas de cuotas asignadas entre os diferentes productores do cártel opep, tòdolos membros do mesmo minten acerca das suas bolsas de reserva e que éstas son moito menores.

así, os estados unidos, infiltrados como están en varios procesos extractivos en distintas zonas do globo, coñecen que esas reservas están a piques de esgotarse e saben que a súa maltreita supremacía depende de conseguilas. a súa economía está demasiado endeudada, o seu déficit de balanza é superior a todo o imaxinable, a deuda está en mans de alemáns, chinos e saudíes... eles, os usa, soio teñen unha formidable reserva de armamento contra o que non hai exercito que poida resistirse. e teñen ademais os políticos e diplomáticos mellor entrenados, aqueles que poden botar horas falando na onu do blanco que é o negro.

os europeos apostaban por negociar con sadam a súa riqueza subterránea e, entre eles e os rusos, conseguirían os contratos de extracción si a maquinaria bélica non se tivera posto en marcha. ese acordo ca conseguinte perda de influenza representaba un perigo mortal para a economía usa. de feito sadam, nos derrdeiros meses antes da invasión, instaurara o euro como moeda de troco para a venda do seu crú. esa mesma operativa estase a levar a cabo en irán, así como a creación por parte do réxime persa de unha bolsa nacional de hidrocarburos para vendelo seu petróleo, lonxe das manobras especulativas dos futuribles que se pactan na bolsa londinense, o que pode indicar ben as claras cal vai selo futuro do réxime de ahmandinejad máis cedo que tarde. o abandono por parte de varios paises productores do patrón dólar como moeda de pago das transaccións internacionais pode significar un paso máis na delicada situación económica estadounidense, polo que resulta apremiente para eles o dominio completo da zona de extracción así como manter a raia os seus competidores eurpeos e chinos. contra os primeiros foron o suficientemente hábiles de abrila europa dos 15 ós paises da súa órbita ideolóxica e económica ( polonia, chequia, rumanía, bulgaria ) e actualmente contan ca presidencia dunha atlantista como angela merkel na presidencia da ue, á cal foi aupada dende os propios usa e dende israel como lider da cdu en detrimento de europeistas como wolfgang schauble, por non voltar os primeiros párrafos e ver que un dos cabecillas do acordo das azores, aquel servil portugués, é hoxe presidente da comisión europea!!!. nas repúblicas da antigua urss a penetración económica e política é tamén sinxela: utilizase o método kissinger de merca de vontades e aupase ó poder a políticos en nómina das dintintas fundacións ( usaid, open society ) mediante as que se ramifica polo orbe o poder do capitalismo, implementando revolucións e loitas, trocos e trucos sociais, en clave televisiva para ser comprensibles para o neno e a nena mentras engulen o xantar, tipo revolución naranxa na ucrania.

e logo está a china, que pode ben non chegar a tempo de concretar o seu papel de grande potencia, por que non terá acceso os xacimentos enerxéticos que vai a precisar para medrar nas tasas que o está a facer. pero, en calqueira caso, a situación é mala para todos e o que se atisba máis ben é unha parálise do sistema capitalista, pois a guerra entre as grandes potencias ( eeuu, eu, china) parece descartada: o grande mercado para europa e china son os propios eeuu e as tasas de crecemento de beijing e de bruselas dependen do poder de penetración dos productos que fabrican no mercado americano. de novo serán enfrentamentos controlados polas potencias os que porán de cor roxo o taboleiro, pero nunca se arriscarán a un enfrentamento directo.

todas estas cousas sabías chirac, schoeder, blair, bush e aznar. non sei si zapatero tamén as sabía, pero dou por asumido que sí. entón, mentras que a vella europa, no decir de bush, toma partido polo eixo franco/alemán de entonces ( ahora parís/madrid/roma ), aznar decide que o cabalo gañador é o que montan os usa e dá o golpe de timón antieuropeo. sabe que si está na foto das azores, as empresas españolas ( repsol, acs, dragados, endesa, acciona, indra ) serán tidas en conta e españa pasará do seu papel de país europeo segregado a autoridade de parís e berlín a ser un líder no novo desenrolo estratéxico do mundo. por que a guerra, a pesar de que é irak quen pon os mortos, é dos eeuu contra europa, contra todos nos.

é aznar un criminal por eso? non en maior medida que o resto do líderes occidentais. churchill, na retórica da clase política, pasou a historia coma un grande estratega e tamén é culpable de ter bombardeado o mesmo lugar que hoxe bombardean os seus sucesores. pode ser un traidor, pero a historia da península está chea de eles e un máis non molesta.

é o imperialismo capitalista criminal? non en maior medida ahora que durante a historia. inglaterra, españa, portugal, francia, holanda teñen roubado e extorsionado o que denominaban " as colonias " durante séculos. ahora o centro económico do mundo virou dende a segunda guerra mundial e o punto clave de todo son os usa, pero o problema está no sistema, non en quen o protagoniza.

van os usa perdendo a guerra de irak? non, eso non é máis que unha estratexia, os usa non perden ningunha guerra si non queren. hoxe son a única superpotencia e xa en pouco máis dun mes controlaron o país; a tarefa seguinte foi apuntalar a súa dominación e quedarse. bush comenteu un erro bautizando a victoria como o fixo, pero sí fora unha victoria. e tódolos pasos que dan van en camiño de asentala, pois vanse quedar para sempre. non importa que volva o groso da tropa; a máis grande base de oriente medio de forzas estadounidenses montarase no irak e o crú dos compatriotas de axusticiado sadam hussein será para os súbditos do tío sam. e en pouco tempo ocuparanse de irán e a riqueza dos chiíes embarcará nos mesmos barcos. e europa estará fodida e china máis aínda. toda a inversión extranxeira en usa está transformada nos activos de boeing, de northrop grumman, de raytheon e na paga duns soldados que non importan. non morren guggenheims, non morren fillos de senadores por teneesee nin por alabama. pálmana tres mil negros e latinos que foron arranxar o seu presente miserento por catro anos o exercito. pero hai reservas de tropa: para os capitalistas poden morrer 30.000 ou 300.000, a eles dalles igual: o que queren é o petróleo e ante eso non hai razón nin teoría que se aguante. o capital internacional creeu que mercaba o futuro dos eeuu e europa sentiuse forte, pero as armas manéxanas eles e eles, van polo que lles interesa e, o que é peor, mantéñenas apuntando contra nos.

guerra contra o terrorismo? eso é unha cortina de fume: non existe alqaeda, non son máis que manobras de dilacción para manter o público dormido e seguir alimentando a maquinaria bélica frente os dereitos civís dos cidadanos, non xa soio usaméricanos, se non de todo o mundo. alquaeda son eles mesmo, eles son quen tumban as torres xemelgas, eles quen dan un golpe de estado e entregan o poder dos cidadáns as corporacións. son o partisan catro de ferrín. eles son os terroristas, son os que teñen as armas e falan da escalada dos outros para conseguilas; son eles quenes socavan a paz do mundo e son os que levan o estandarte da mesma e da liberdade polas oficinas funcionariais e polas cadenas de tv.

tiña razón fukuyama: é o fin da historia. teñen todo amañado e non deixaran que nadie se interpoña entre eles e os seus intereses.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera