Publicidad:
La Coctelera

baltar69

23 Marzo 2007

a vida é sono

"Un teatro público é tan importante como a sanidade pública, como o ensino público". Francisco Pillado, en Vieiros.

a sanidade pública, universal e de calidade, é, hoxe por hoxe, a máis grande consecuencia de moitos séculos de loita e traballo dos asalariados, e non un regalo de felipe gonzález e billy brant ,como algún deixa caer de vez en cando. esa inversión en saúde dos réditos do noso traballo non debe, en calqueira caso, ser observada coma algo rematado, se non que os cidadáns deben permanecer á espectativa e potenciala no posible, velando que moitos dos factores que contribúen a danala sexan subsanados e correxidos. a case totalidade de estes factores tópanse acochados dentro dos propios sistemas sanitarios en forma de ambicións, deixazóns e escalos varios dos que os xestores encargados non deben apartala vista por máis tempo.

a educación pública, por contra, goza, hoxe por hoxe, de moita menos empatía por parte da sociedade que a sanidade universal. e non é de estranar. a meirande parte dos vicios que se topan no persoal facultativo e administrativo de esta, acentúanse de forma exponencial no plano educativo. pero aínda así o contribuínte acaba por dispoñer con resignación que os seus impostos se empreguen para sufragar a toda esta gleba, dado que polo menos, ante o nulo ou escaso valor pedagóxico do traballo de profesores e persoal cercano, os colexios cumplen unha labor de recollida dos infantes que faculta a pais e mais a ir traballar, comer de restaurante ou irse o motel con unha compañía grata durante as horas lectivas en que os mancebos permanecen baixo a héxira da consellería de educación.

pero coido que o teatro non aporta ningunha de estas ventaxas a poboación. xa sei que resulta pouco doado comelo pan da vida sen o compango da poesía, que hai moita alma desacougada e rapsoda nesta terra de nuestro señor tañendo greensleaves e esperando a godot. a mín mesmo resúltame complicado, certamente frustrante e lacerantemente penoso, non poder contabilizalo tempo que transcurre entre a mañán e a noitiña sen a íntima complicidade dun zenith el primero no meu pulso esquerdo. pero dudo moito que ese grupo que sae da factoría esté disposto a sufrgarme o capricho, por moito que para mín signifique alá no máis íntimo. e o asunto de comparalo teatro ( e demais cousas que podíamos definir como gozos diletantes de minorías pouco propensas o sacho ) co asunto sanitario, non xa soio me parece unha hipérbole desagradable se non un insulto a toda a xente que necesitou e necesita de atención médica. non pode ser que loitemos contra o atraso, contra a superchería relixiosa, contra ese neoliberalismo certamente anquilosante socialmente e acabemos solicitando máis axudas para a industria cultural, que non deixa de ser, e a ver si temos claros dunha vez, un brazo máis do poder.

postos a subencionar, eu case prefería que algunha consellería ( sanidade? industria? ) se fixese cargo dos custes de traer itinerantes pola xeografía un bo fato de mozas sudaméricanas que nos sacasen a mala hostia e outras cousas cada dous meses. non menos tempo, que eso xa sería desenfreno.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera