Publicidad:
La Coctelera

baltar69

14 Marzo 2007

a tv e non a avt

a tv é, aquí e nos usa, a maneira
máis extendida de introducir nos fogares e nas mentes da cidadanía as ideas que
a curia socioeconómica gobernante pergreña como verdades irrefutabeis da orde
universal. así, nadie se pode estrañar
de ese interés por facilitar ó telespectador o acceso a canles e contidos que
van a incidir directamente no seu comportamento posterior. nada é certo mentras
non aparece na tv e ante ese aparello construénse e deséñanse as casas, os
barrios e as cidades. nada existe se non aparece retratado no cuadrilátero de
plasma ou de cristal do salón e os demais medios van a remolque da puxanza das
imaxes multicolores e dos sons insinuantes que viaxan polo espacio.

si se precisa crear unha
necesidade para vender un producto perfectamente prescindible, o fabricante, o
creativo e o pautador de tempos terán que chegar a un acordo e bombardear os
relaxados televidentes que se solazan, logo dunha xornada laboral esgotante, con
bailes furibundos e sorrisos estúpidos
de persoaxes que enchen uns engalanados estudios no que a pulcritude é a
esencia. si o que se pretende é invadir un país para roubarlle todo o que para
o agresor pode ser de valor, un periodista empezará un bon día a dar novas
acerca dos abusos que se cometen contra a liberdade ou contra as mulleres, a
insinuar un descontento poboacional en ciernes ou do risco que para a rexión
supón a lexitimidade de tal ou cal réxime...

eses son os nosos medios de
desinformación, locuaces laburadores empecinados en volvelo mundo do revés, a
lóxica e a razón transformada en mercadeo o servicio de intereses sempre
expurios. e de todos eles, o máis perigoso, é a tv, tanto pola diseminación
sistémica e enfermiza de receptores por tódolos confíns do orbe como pola sinxeleza da sua operativa: un libro, un
periódico, un panfleto precisan unha certa complicidade do lector, un esforzo.
un ordenador precisa unha certa destreza por parte do seu operador. pero un tv
é unha ferramenta tan doada de manexar que os nenos, antes de saber comer pola
súa man, xa son capaces de trocalo canle no mando a distancia.

ahora, como fenómeno que se
retroalimenta a sí mimo e se reinventa de novo, xurde a panoplia da tdt para
mellorar a nosa experiencia e diversión, en frase veleira de algún tecnócrata.
canais e canais de programación que se solapan uns a outros buscando o
espectador que sexa presa de calquera mensaxe ladino. antes tíñamos unha canle,
duas, tres o sumo ca irrupción da galega. ahora temos, sen levantarnos do sofá,
cincuenta posibilidades de evasión da realidade, cincuenta pirulas de pracer e
deslume. cando as recorramos todas, poderemos dubidar de que algo que teñamos
descartado na tecla tres xa teña trocado
e quen sabe que novo paraíso podemos topar a volta do sintonizador? así esgotarémolo noso tempo buscando e
buscando afanosamente aquelo que tardaremos en saber, aquel que consiga darse
conta, que o que realmente buscamos non está na tv e que a grande arte, a
grande trama que nos chama, é a nosa propia existencia.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera