Publicidad:
La Coctelera

baltar69

12 Marzo 2007

A algarada cotidiana

Resulta asombroso que a nave vaia
cara adiante tal e como soplan os ventos. Debe a cidadanía do occidente europeo
ser un aténtico pozo de bondades, uns excelentes remeiros que, alleos a
calquera posibilidade de ter un bon señor que os comande, bregan e bogan
colocando o barco sempre na posición correcta.

Fai excasos días, un dos que máis
se empeñan en movela cousa tildaba o seu oponente de hooligan. Craso erro o do
Presidente do PP; fora do seu núcleo de aduladores, corifeos e empregados, a
impresión do cidadán común é que os máis voceadores, insolentes e petrimetres son os do arco parlamentario que
o sostén a el mesmo como cabeza da Oposición. Así debería darse conta el e o
seu grupo de escollidos estrategas que os seus exabruptos e resoplidos poden
apuntalar duranta a lexislatura en marcha todos, ou case todos, os sufraxios
obtidos na derradeira consulta electoral no 2004, pero o prezo que pagarán a
este ritmo por manter o que xa tiñan será semellante o que lle tocou pagar a
Aznar polo seu autismo e prepotencia: perder as eleccións sabéndose
responsables de que o seu traballo serve máis á competencia que o seu propio
partido, xa que tódolos votos que non serían capaces de xuntar Zapatero e Xosé
Blanco polos seus propios ( e excasos, todo sea dito de paso ) méritos, caerán
do lado do PSOE como válvula de escape da cidadanía contra o PP.

Sen duda a concesión dun novo
réxime penitenciario o cidadán De Juana Chaos foi un caramelo enveleñado que o
Goberno tivo que chupar e o partido maioritario que o sustenta tragar, máis por
errores propios que por outra cousa. O anterior Ministro de Xustiza picou o
anzuelo que lle puxo a prensa máis hostil e quixo sair co perfil máis alto do
que a súa atildada estatura lle
permitía. Como se dí por aquí, quixo facer de persoa, convencer a propios e
extranos e nadar e gardala roupa. Pobre cariturista, there´s no free lunch, non
hai comida gratuíta, e pronto el e os seus compadres de Gabinete se deron conta
que a máxima de pan para hoxe e fame para mañán
ía ocasionarlles un serio dolor de barriga. E que non se queixe, que
retornar a Canarias é excesivo premio polos servizos prestados e máis merecería
unha embaixada en calquera vaticano do mundo negro que a máis que probable
presidencia do Cabildo Insular.

Pero esa ponzoña que aínda non
dixeriron totalmente os actuais gobernantes e que a postre significaba para o
PP a súa mellor tenaza para intentar esmagar os resultados de fai tres anos,
foi de novo tirada pola borda por éstes. Os excesos de Zaplana, a retórica
obtusa e torticeira de Acebes, as broncas dos galiñeiros no Congreso e no
Senado, a insufrible sonrisa de Esperanza Aguirre y Gil de Biedma ( qué contas
botaría o tío si hoxe vivise!!! ), as crónicas a empuxóns de Isabel Durán, as
rapsodias de J.C. Girauta ou os desvaríos místicos dende o fondo dos seus
tristes cuévanos de Ignacio Villa non están a servir para outra cousa que para
votar terra encima dos seus propios rostros. Co cal, si nos poñemos a
reflexionar, teremos que conceder a posibilidade de que Gabriel Elorriaga esté
na nómina de Ludolfo Paramio ou cando menos na de Ruiz Gallardón, por que poder
pódese ser aínda máis castrón si se quere ( e creo tamén que estes señores
Populares teñen espacio e capacidade para avanzar nesa dirección aínda un cacho
), pero máis burro, o que se dí máis burro e dilapidador dos chances que o xogo
diario lle vai pondo o seu carón a Don Mariano, non se pode ser.

Como cidadano do común, non me
queda máis remedio que preguntarme que méritos van a desplegar todas estas
endiosadas criaturas de Nuestro Señor si algún día chegan a gobernar de novo os
designios de esto que xa referimos sen nome, soio remarcandoo como a oitava
potencia económica do mundo. Qué van a facer esta lexión de cacatúas, esta masa
de córvidos aupados por ancianas de paraguas en ristre e bandeiras o ar que
parecen saídos dos sainetes de Berlanga? Dirán que son os lexítimos detentores
do poder por liña sanguínea dende Cánovas, pero a bravuconería que gastan
contra o mesurado Presidente do Goberno soio lles servirá para por de novo os
pes encima dalgunha mesa nalgún cumio servil co Imprerio en retroceso. E eso ós
cidadanos non nos vale, non nos serve.

Aquí o que se precisa é xente
competente e menos entregada o seu cargo e o debate pasional, histérico e histriónico. Non fai moitos meses Piqué poñía o
punto sobre a í catalana: con debates extériles ( baixo o seu real entender e
que non teño por que compartir no fondo, pero sí na forma ) pasara a
lexislatura Maragall e a cidadanía estaba farta de Estatutos e de
enfrentamentos con Extremadura ou con Castela León; o que a xente demandaba era
rigor e seriedade ante os problemas reais. Non pode ser que co follón que temos
enriba a poboación ande a decir que o maior problema do país é o terrorismo ou
a ETA ou a situación do Real Madrid. Ignoro si realmente J.L. Rodríguez Zapatero
ten pensado tomarse a cousa en serio en algún momento máis alá do que significa
apretalo morro e mirar fixamente con cara de boa persoa mentras manda os
saharauis o furgón de cola da historia ou mentras perpetúa unha Ley de Partidos
que pon fora da Ley non xa feitos senón opinións, pero o que está claro é que se
precisa con urxencia unha dereita ideolóxica e consecuente, unha dereita que sexa
unha opción clara de goberno para que a suposta esquerda se poda afianzar sobre
a sua ideoloxía e postularse para donde os votantes a situan. Mentras esa
dereita non apareza, tampouco o PSOE se moverá e, a non ser que Polanco deixe
de vender a dous carrillos e decida espelir a algún, a teoría contemporizadora
dos Cebrián e compañía seguirá deixando sólo sobre o lombo dos cidadáns a carga
de levalo peso dos intereses, das tasas e das multas. o resto: pan e circo.

servido por xose manuel 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

china wholesale

china wholesale dijo

as cousas non son como as pinta a television, juan lado maltratou o can pero o sujeto que as gravou e unha mala persoa que lle esta a facela vida imposible a juan.porque en vez de grabalas imaxes non foi a xunta juan e o avisara?por que non chamou a policia?.Este sujeto o que quere e sacar diñeiro a conta dos demais. È unha mala persoa que esta facendo daño a todo o pobo, e a nadie do pobo lle cae ben desde que chegou.O problema que eles teñen non e polo can que juan sa pagou a sua condena cando foi debido.E aora este sujeto saca as imaxes coa excusa de que juan lle envenenara o can. E non e certo porque o seu can andba polo pobo solto e comendo dos basureiros.E o prblema principal e que o sujeto se quer apoderar do que non e de el. E na television sae como un heroe e non e certo e a persoa mais malvada que existe el mais a sua muller, e tiñao que saber todo españa como sabe que juan maltratou o can pero non esto nunca se sabra porque solo se lle fai caso a este sujeto.TODO ESTO QUE ESTOU CONTANDO E MAIS, E CERTO

24 Octubre 2008 | 05:04

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera