Publicidad:
La Coctelera

baltar69

22 Febrero 2007

propósito

a diana. e a ines( sin acento, ollo!!!)tamén

pois nesa habitación na que ahora dormes

e que dixen pomposamente coma nosa

hai un día no que estarei

se non me falla o meu futuro

deitado a téu lado

abrazándote e bebéndote.

pois ahora a túa pel non me é allea

e o sabor da túa vida

galópame no sangue

ca forza de cen

cabalos desbocados na facenda.

hoxe son tan meus os teus fragores

como o violento escorzo da túa espalda

arqueda e forte

que me apreta o desexo irrefrenable

por tomarte e por terte.

nada parará esta resolución miña

nin o tempo que golpea

os ollos nin a morte;

estarei contigo en santa rosa

e o amor fluirá

entre nos mansamente.

irei contigo, serei

contigo.non teño ( nin quero )

outra dignidade que abarcarte

outra door que non sexa amarte

nin máis loucura que esperarte.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera