tecatro
o día 29 de decembro, entre as nove e as doce da mañán, eu topábame na t4 do aeroporto de madrid para despedir a unha persoa que partía nun voo transoceánico. xa sei que ese asunto faime traizoar algunha das pinceladas informativas que teño dadas como datos biográficos na columna da dereita, pero xa nada de eso ten solución: nin o dato aportado no seu momento, nun tempo en que realmente se capturaba esa tendencia como aposta de presente e futuro, nin o quebranto actual de esa descripción. desgraciadamente, para o que escribiu aquelo neses meses, a miña lealtade virou completamente de postulados logo de ter coñecido a esta persoa, por máis datos unha muller ben concreta.
para mín ese fugaz viaxe o centro do estado supuxo unha certa hecatombe, un tremor sísmico donde varias placas tectónicas se empurran entre sí, até sacudir as construccións máis perfectas do meu mundo. pero toda esa enerxía que eu empreguei, que gastei cordialmente, careceu de eco nos aparatos de medición do orbe. eu son tan alleo para os estudosos da materia como para mín o é a grandilocuencia e a megalomanía do recinto aeroportuario.
máis, nun horario semellante, e soio unhas míseras vintecatro horas despois, tódolas oscilacións que asolaron un aparcamento na zona tiveron rápido eco en miles de lugares. pero, en calqueira caso, non por seren estas novas ondas esparcidas de feito contínuo e machacón polos medios habituais de desinformación van a supoñer unha maior fonte de coñecemento para os millóns de persoas os que a onda expansiva chegou; máis o contrario: as manobras e intereses das manadas que sentiron o ataque coma unha intolerable acción por parte dun pequeno e concreto grupo o que non deixan de calificar como acabado dende fai lustros, acaban por crear na poboación un sentimento falso de coñecemento que acabará dando lugar a un fartazgo e aun desinterés certamente perigoso. de ahí que dende aquí, hoxe, eu reivindique a miña zozobra na t4 frente a todo ese xigantismo ( na construcción, na destrucción, na desinformación, na prevaricación, no roubo ). si os organizadores do evento concertaran outra data, eu ben podería ser unha das víctimas e non eses dous cidadáns que finalmente pereceron. para a farándula capitolina poucas verbas habería que trocar nas parrafadas que paren, solazándose na autoestima: algún nome e algún lugar de procedencia, intercalada con algunha historia emotiva tan do gusto do gran público. pero o resto sería o mesmo. a mesma falta de decoro, de respeto, da máis mínima dignidade ante uns e outros. e a máis imperdonable carencia analítica que un se poida imaxinar de persoas que teñen a ben enchernos os oídos ca sua presumida intelixencia.
nos, a sociedade civil, seguiremos a poñelos mortos para que cada un dos outros actores sigan, por sempre, desempeñando o seu nefasto papel.