Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

27 Septiembre 2006

Cidade da Culura

Sabido é que o Goberno e a Administración de Galicia son os grandes impulsores do proxecto da Cidade da Cultura. Sabemos tamén quenes son os grandes beneficiados, COPASA e o resto de empresas e entidades que contrataron a realización das obras e que meteron man nos máis de trecentos millóns que se levan gastados. É tamén é coñecida a procedencia do material que alimenta esa megalomanía: o meu e o téu bolsillo. Entón, que facer ahora? Logo de tódolos debates os que temos asistido, topámonos con ese artefacto a medio facer e soio sabemos que vamos ter que seguir inxectando capital para chegar a non se sabe dónde.
Quizás ahí está o miolo da cousa. Qué faremos ahora? Non vamos a deixar que toda esa infraestructura esmoreza como os mapas de Borges nos desertos cando as xentes deixaron de ter interés pola topografía. Eso está pagado con diñeiro meu e quero unha utilidade real: un hospital, un colexio, un enorme prostíbulo. Non vamos a deixalo como o que foi sempre, coma un exemplo da estupidez duns líderes políticos ( oh, non sería Fraga soio, nen Pérez Varela, non teñen cabeza para tanta cousa ); pero antes de seguir, antes de rematar, temos que ter claro a sua utilidade. Buscala e adaptala é o traballo dos nosos actuais xestores. E o traballo dos servicios xurídicos é buscar as responsabilidades pertinentes ( tampouco sería soio Luís Fernández Galiano ) neste desacato, que por ben que acabe acabará mal, e recuperar para todos o que neste caso nos teñen roubado. Non pode ser que un retiro honroso en Madrid no Senado ou unha abultada libreta bancaria sexan os epílogos desta situación mentras nos rasgamos as vestiduras da conciencia cando oímos que alguén morre de fame en Ponteareas. Como decían os Tupamaros, “ Patria para todos o para ninguno “.

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera