Publicidad:
La Coctelera

baltar69

22 Septiembre 2006

O escalo institucionalizado

Este texto está motivado polas informacións de prensa aparecidas con motivo dos indicios de corrupción na cúpula da Federación Galega de Fútbol.

Decía, anque non textualmente, Felipe González fai uns anos que a corrupción era un lubricante extra que necesitaba de vez en cando a máquina para funcionar de forma óptima. Co paso do tempo vámonos decatando de que esa observación, pretendidamente aguda anque dita nun contexto que podíamos denominar relaxado, non é máis que unha breve introducción á realidade. Non se trata pois dun puntual aceite, do bote de aditivo que cada dez mil kilómetros deslizamos no tanque co resto do combustible para manter, hipotéticamente, limpa a inxección e melloralo arranque en frío; a cousa é que o motor traballa cunha gran, cunha enorme, carga de corruptelas e, desgraciadamente, o estamento político, na teoría elexido de forma libre polo pobo soberano, actúa sobre esa combustión coma un catalizador, limpando a realidade con grandes eloxios e frases ampulosas entre primeiros e segundos pratos de sofisticadas viandas, nunha voráxines de orxías de desmesura que, por pantagruélicas, unha boa parte da cidadanía, sometida a outra rutina vital máis mundana e cruel, non alcanza nin a imaxinar.
A realidade, como sempre, supera a ficción e o andamiaxe que representa esa clase política na construcción e artellamento da nosa sociedade ( no que tamén, por suposto, hai que incluir a toda a maraña administrativa que lles serve de acocho ) , fai que todo o que se edifica sobre ela sufra dos mesmos problemas estructurais. Dende o máis ínfimo e común acto administrativo na máis recóndita ( e por suposto, innecesaria ) oficiña atendida pola filla de alguén até os complexos movementos de xeopolítica a nivel mundial que levan a cabo ministros e xefes de estado, sempre nos toparemos cunha ou con varias formas claras ou solapadas de corrupción.
Lexións de persoas que non traballan, que non xeneran, que non crean ( e que, por suposto, non corren tras dunha pelota, xa que é o asunto que nos ocupa ) viven e conviven de forma impúdica e soez co escalo do novo diezmo o que as clases dirixentes teñen sometido o electorado en forma de impostos, tasas ou gravámenes que, merced o poder coercitivo dos distintos estamentos, éstes fixan unilateralmente sen otorgar, en realidade, ningún tipo de contraprestación real. Así, o suxeito físico, o contribuínte ( eufemismo baixo o que se ocultan outras expresións menos suxerentes como escaldado, paganini ou directamente parvo que non se entera ) alimenta de forma contínua a inxente bola de neve mentras que a única tarefa de eses sagaces administradores do capital alleo é buscala forma menos chamativa e insultante de metelo no bolsillo.
Venme a cabeza aquela parábola que refería Sciascia fai xa trinta anos ( Italia é un país que se manexa democraticamente dende a postguerra mundial, moito antes que España, e se non que llo pregunten os sucesores de Palmiro Togliatti ) de dous correlixionarios da arquitectura que se topan logo de anos e un dí: “ oín por ahí que te fixeras ladrón dende que estás no asunto público “. “ Pois eu oín que tí non te volveches tal e que segues a traballar no teu estudo coma sempre”. O primiero otorga que así é, pero o empregado da administración sentencia: “ pois o teu caso é peor que o meu; eu roubo a uns descoñecidos e teño uns cantos miles de millóns en Suiza, pero tí, o non facelo, estás roubando os teus fillos, que cando morramos quedarán en moito peor situación que os méus”.
Cunqueiro facía unha interesante diferencia en “ Herba de aquí ou de acolá “. Todo dependía de si un estaba morto ou vivo. Aquí todo depende si roubas ou te rouban. De momento segue a haber máis xente traballando que mangando, pero está subindo moito o grupo de señoritos de xesto afable e cálculo en paralelo e un día de estes, o mellor, a xente que se abalanza nas góndolas do supermercado ou nas cristaleiras das inmobiliarias para o xesto e decide que xa está ben de pagar e decide transformarse en cobrador. E a todos se lles deben moito. E mín gustábame velo, que carallo.

servido por xose manuel 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

china wholesale

china wholesale dijo

as cousas non son como as pinta a television, juan lado maltratou o can pero o sujeto que as gravou e unha mala persoa que lle esta a facela vida imposible a juan.porque en vez de grabalas imaxes non foi a xunta juan e o avisara?por que non chamou a policia?.Este sujeto o que quere e sacar diñeiro a conta dos demais. È unha mala persoa que esta facendo daño a todo o pobo, e a nadie do pobo lle cae ben desde que chegou.O problema que eles teñen non e polo can que juan sa pagou a sua condena cando foi debido.E aora este sujeto saca as imaxes coa excusa de que juan lle envenenara o can. E non e certo porque o seu can andba polo pobo solto e comendo dos basureiros.E o prblema principal e que o sujeto se quer apoderar do que non e de el. E na television sae como un heroe e non e certo e a persoa mais malvada que existe el mais a sua muller, e tiñao que saber todo españa como sabe que juan maltratou o can pero non esto nunca se sabra porque solo se lle fai caso a este sujeto.TODO ESTO QUE ESTOU CONTANDO E MAIS, E CERTO

24 Octubre 2008 | 05:04 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera