Publicidad:
La Coctelera

baltar69

15 Septiembre 2006

Un malvado de Aguiño

Teño cans e non vou negar que de vez en cando lle arreo un puntapé a un de eles ( un cocker con mala sangre que viviu cunha anciá na vila até a morte de ésta ) cando invade o salón ou raña o lacado das portas. O outro, un pastor alemán similar o da película e educado por mín dende pequeño, nunca me deu un soio problema co que non precisou nunca de medidas coercitivas escepcionais.
Pero tamén teño vacas e as veces escapanse cara o millo do veciño ou saltan as mazáns ou as berzas que reservo para os animais humanos da familia; si teño un canto rodado cerca apúntolles os nefres e outras veces persígoas cunha aguillada. Non probei aínda o pau de ferro nin o picachón coma algún que coñezo, pero máis dunha vez teño pensado en enganchala tensión eléctrica as barras do establo, a puta que as pariu. E a pesares de eso, cando viña o carniceiro ( tipo rápido, cos xestos xustos ) e lle mandaba a cota da machada contra a frente á becerra seleccionada, sempre sentín door pola tristeza da mirada do xénero vacún que cae xordamente, bum, contra o cemento dous segundos antes de que o Pepe lle corte o pescozo con gran aparato de sangue.
Por estas datas de Setembro andamos teimando mercar dous ou tres porcos nunha granxa. Até mediados de Xaneiro tratarémolos coma da casa ( bueno, cando lles levo a comida as veces hai que darlles no fuciño para que recuen ), pero unha boa mañán vamos entrar varios fulanos donde eles, sacalos de arrastro, subilos a unha mesa e meterlles o coitelo polo papo en dirección o corazón. Si hai sorte, partirémoslle éste en dous ou rabizarémoslles algunha importante arteria, co que os chíos iranse apagando rápidamente. Logo vamos a queimárllelo pelexo con pallas e finalmente ( antes de abrilos e sacarlles tripas e vísceras ) rascalos ben rascados con cachelos de tella.
E outros días do ano cortareille a cabeza a algún galo ca machada de kilo e medio Bellota ou axudarei a Mercedes a desnucar algún coello contra a parede da corte ( as veces, paréceme que aínda están vivos despois de arrancarlles o pelexo ). Qué faría si o meu pastor alemán me come a galiña que vou papar eu? A patada nos collóns que lle arreo merecería sen duda veterinario e video aparte.
O humano é a cúspide depredadora de canto bicho se move. A carne da maioría das especies constitúe o noso principal alimento, así que da mesma forma que nos arroxamos o dereito para matalos, tamén nos arroxamos o direito de tratalos en vida. Pero existe certo desfase. Durante a Guerra Civil ou na Revolta dos Cristeros, en México, confundiuse por algúns no Vaticano, claro está, o fusilamento de imaxes de santos co de persoas e eu mismo teño visto montar trifulcas os maridos por cousas sen importancia mentras se chora por un gatiño morto no arcén un día de chuvia.
Non sei de donde ben ese desfase nin esa personalización e humanización dos animais non racionais e das cousas; sopoño que os psicólogos terán moreas de textos sobre o asunto, pero vexo moita ( coño, mulleres sobre todo!! ) paisanaxe sen descendencia profillar cadelos, gatiños, coellos, peixes e inlcuso serpes constrictoras. Eu, que ademais son pai e teño soltado escasas ( pero quizás oportunas ) galletiñas para marcar certas cousas ( oh, tamén as teño levado de miña nai ), esta irmandade animal seméllame, ademais de absurda, un intento do propio animal humano de trascender. Deixémonos de lerias; nos non temos nada de divino. Somos bichos que temos a maña de comernos a outros bichos mentras os vermes no nos comen a nos. Ou pensan esas persoas indignadas que a bichería da góndola do supermercado non tiña, en tempos, os ollos brilantes e xagueiros dos lobos de Novoneyra ou dos fillos da leona Elsa. Cómo vamos a tildar de criminal a un tipo que malla cun cinto a un can e na seguinte góndola enchela carretilla da mesma Coca Cola que nos impón W. Bush ca sua famosa forza especial de ventas US Army? Nun planeta que se lles quitan as cóneas os nenos da rua para que as nosas ruliñas poidan ver ben as películas de Tom Cruise, que guapo, ou donde eliminamos dun plumazo miles de especias animais e vexetais tódolos anos, un grupo de bempensantes pusilánimes móstrase abraiado polos sufrimentos do pobre canciño. Estamos aviados.

servido por xose manuel 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

JOSE MANUEL

JOSE MANUEL dijo

as cousas non son como as pinta a television, juan lado maltratou o can pero o sujeto que as gravou e unha mala persoa que lle esta a facela vida imposible a juan.porque en vez de grabalas imaxes non foi a xunta juan e o avisara?por que non chamou a policia?.Este sujeto o que quere e sacar diñeiro a conta dos demais. È unha mala persoa que esta facendo daño a todo o pobo, e a nadie do pobo lle cae ben desde que chegou.O problema que eles teñen non e polo can que juan sa pagou a sua condena cando foi debido.E aora este sujeto saca as imaxes coa excusa de que juan lle envenenara o can. E non e certo porque o seu can andba polo pobo solto e comendo dos basureiros.E o prblema principal e que o sujeto se quer apoderar do que non e de el. E na television sae como un heroe e non e certo e a persoa mais malvada que existe el mais a sua muller, e tiñao que saber todo españa como sabe que juan maltratou o can pero non esto nunca se sabra porque solo se lle fai caso a este sujeto.TODO ESTO QUE ESTOU CONTANDO E MAIS, E CERTO

18 Septiembre 2006 | 07:24 PM

china wholesale

china wholesale dijo

competente e menos entregada o seu cargo e o debate pasional, histérico e histriónico. Non fai moitos meses Piqué poñía o
punto sobre a í catalana: con debates extériles ( baixo o seu real entender e
que non teño por que compartir no fondo, pero sí na forma ) pasara a
lexislatura Maragall e a cidadanía estaba farta de Estatutos e de
enfrentamentos con Extremadura ou con Castela León; o que a xente demandaba era.....

24 Octubre 2008 | 05:05 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera