lume
non é nada descabelado que a xunta, avangarda do que é público e de todos no occidente de iberia, pase tamén a gorra na misa forestal. pero haberá que ver as tarifas e pasar presuposto antes de actuar, digo eu, por que con tanto cargo medio e intermedio a cousa vai tender a porse carísima. pode chegalo caso de que o propietario da bouza aforre si chama os vixiantes da praia, os de nunca máis ou a unha empresa privada que se adique a esas labores ( de encender e apagar ). e pode pasar que o paisano decida que ferrados poden arder e cales non ou conceder pola brava que arda todo, veña lume, e non gastar un peso na extinción. por que entendemos que si arde a finca a extinción non vale; soio deberían pagar os que libraron as fincas, pois nese caso o traballos de estes esforzados batallóns sí estará xustificado. e menudo follón: todo o monte a arder e os técnicos soio salvando os chalés dos do grupo c para arriba, que son os que fan algo de carto na nazón de breogán.
pero véndonos no caso de que o populacho acepte de bó grao tan imaxinativa proposta, sopoño que o contratante poderá designar a forma de operar ( non me pise ahí, coidado con ese muro, ollo con ese chito, que ahí están enterrados meu pai e o can lulú, etc ) e si quere extinción de luxo ( canadair + purificación garcía + viño albariño ) ou arranxa con apagado turista ( ecureil + zara + condado ); e si prefire brigada de a pé, decidirse por unha clásica ou por unha que integre a cuota femenina que para o tinglado se acorde entre os sindicatos agrarios e as respectivas consellerías.
tamén deberá o esforzado morador da nosa bucólica campiña pagarlle os hectolitros de auga que se recollan, xa sexa do miño, do sil ou do regato de pepes, a confederación hidrográfica do norte, que é a titular dos dereitos sobre as cuencas acuíferas, ou pensades que a auga é de todos?
e será algunha dirección xeral ( tamén en íntimo contacto con algún sindicato ) a que elabore un marco de horarios e tempos por ferrado apagado, homologando sempre a alta, coma os sueldos do parlamento, tempos que non poderán ser sobrepasados por ningún operativo a fín de non caer en sanción administrativa, que cursará despido definitivo e sen indemnización no caso de repetirse durante a mesma campaña. esa mesma dirección xeral será a encargada de facer un mapa virtual do impacto con sistemas gis e gps e acotar un determinado territorio por continxencia, non vaia ser que un lume na garda teña repercusións en ribadeo e pase o de ahora e acabemos pagando as extinción todos.
en cambio será responsabilidade do propietario do chan o que as brigadas non poideron valerlle abonala ecotasa correspondente o protocolo de kioto pola emanación de gases a atmósfera. e si cae un poste ou rompe un cable da telefónica ou da fenosa, que se apronte esa familia, que durante o resto do ano goza da sombra e do trino dos paxaros que alí se pousan, a levantalo con medios propios o con outsourcing.