Querer e facer
Os medios de información xeral con máis prestixio do Estado Español levan unha serie de días tratando como noticia de cabeceira o nunca aparcado conflicto de Oriente Medio e, formando parte do menú de cada día, agótannos con ámplios informes sobre reunións, xuntanzas, entrevistas, idas e vidas a cargo dos contribuíntes de toda a gran fauna diplomática e política, na que toman protagonismo os estados occidentais. Franceses, italianos, españois, alemáns ( coño, a UE!!) séntanse con usamericanos, con israelitas e co resto da tribu na ONU, nas embaixadas dos paises máis insospeitados ( mira Condy tocando o piano en Indonesia )e donde máis certe. Pero non se logra ningún resultado e logo do infame cumio de Roma todos se miran con expresión compugnida e cabizbaixos e razonan que non se pode facer moito máis que buscar un bo restaurante para cear e que mañán será outro día no que o mellor que pode facelo libanés que escoite asubialos misiles é correr a esconderse nun pozo ben fondo.
O noso benquerido Presidente ponuncia tamén unha catarata de salmodias benintencionadas no máis afable dos tonos posibles ( aínda así o empecinamento tramontano da Oposición ten que surxir tamén neste asunto, buscando primeiras páxinas que para seu escarnio volverán a costarlle algúns centos de sufraxios dos seus menos íntimos devotos ) e o mellor Ministro de Exteriores que tivo nunca a balbuceante democracia viaxa e intenta nadar e gardala roupa, non se sabe moi ben intentando contentar a quén.
Pero nada. Podemos, os que temos al chanclas postas e a paella o lume, decidir que estamos facendo algo, que estamos apurando o xogo. Pero é mentira. Os nosos representantes políticos tampouco se dan despegado da abulia xeneral e soio tratan de salvalo perigo interior, a forza dos seus próximos votantes.
Mentras tanto o caricaturizado Hugo Chávez( o famoso tirano, dictadorzuelo, golpista, demagogo, mesiánico e cantos máis epítetos guste de adicarlle Prisa por boca de Ludmila Vinogradoff e compañía), logo de durante o mes de Xullo ter xa posto os puntos encima das íes correspondentes, anuncia a retirada do Embaixador do seu país en Israel. " “He ordenado retirar nuestro embajador de Israel, porque en verdad causa indignación ver como el Estado de Israel sigue atropellando, bombardeando descuartizando con los aviones gringos que tiene (...) a inocentes". Poderá decirse máis alto, pero non máis claro. E esas palabras, ese actuar, está detrás dos desexos de gran parte dos pobos do mundo, de Europa tamén ( esa Europa que xoga a ter a Israel como socio comercial e cultural ).
Obviamente a noticia non encabeza nengún diario escrito con suplemento adicado a modas e tendencias nin é referenciada no prime time televisivo que deixan libre os iogures e os coches; non merece comentarios da Vicepresidenta do Goberno nin formará parte dunha reivindicación de artistas da SGAE; pero non se chamen a engano uns e outros: a nova desperta admiración na meirande parte da poboación e tamén esa mesma aprobaría un trato semellante por parte do noso viaxeiro e incansable Moratinos, tal e como pedín desde estas mesma páxinas fai xa máis dun mes, con motivos ( recordan? ) do asesinato na franxa de Gaza dunha familia que aproveitaba o asueto para darse uns chapuzóns no Mediterráneo.
Pode Europa, culpable indudable do pasado e do presente da rexión, seguir ca sua mirada autista os acontecementos mentras culpa lateralmente os franceses e holandeses que non refrendaron a Constitución unionista. Pode ( e sen duda seguirá a facelo, que se vai esperar de esta tropa? ), pero bó sería que todos fósemos tomando nota e empezásemos a buscar entre nos máis Hugo Chávez que nos representen.