Publicidad:
La Coctelera

baltar69

1 Agosto 2006

As tripas de Fidel Castro

Levan toda a mañán cacareando sobre o futuro de Cuba nas máis recoñecidas e cosmopolitas emisoras madrileñas; aquelas mesmas que onte pola tarde entrevistaban con desenfado a unha destacada líder do sector mohinesco do pesoe ou facían memoria histórica cas figuras das rubias que no mundo da subcultura anglosaxona levan sido, hoxe falan do porvir da illa cá cháchara valeira e torpe dos malos epígonos do fútil futurólogo Octavio Aceves.
Fano por que contan xa non soio ca sua propia e contrastada estupidez trastabillante de frases apenas esbozadas, hábilmente recompensadas polas dádivas dos grandes grupos de opinión; fano por que contan ca estupidez tramontana de todos. De todos os que os escoitan e de todos os que a esa hora están traballando, durmindo ou tomando o sol.
É España a patria da estupidez e son estes artistas contertulios unha parte dos seus máis altos representantes. É éste o xardín da ignominia, do atraso, do roubo vergoñento, do escalo do común. Pero inda así teñen o xesto lixeiro para acomodar as nádegas e pontificar sobre o divino e o humano na certeza que ninguén se vai levantar dunha fila cercana ou asaltalos pola rúa e encasquetarlles unha hostia nos morros que lles faga tragar os incisivos. Ay, España, España. A que sempre foi traidora cos seus fillos ( pobres ) fala ahora por boca de estes prebostes da comunicación e languidece na hora do Ángelus preocupada pola sorte da maior das Antillas, aquela que foi posesión e foco de tantas insurreccións populares curadas a sangue e lume polas quintas borbónicas e que culminaron ca Revolución dos Barbudos de Sierra Maestra, cousa incómoda nun hemisferio acostumado únicamente os finais felices que dictaban bandoleiros disfrazados de presidentes e monarcas, figuras egregias que con engolado léxico fixeron da distribución de abaixo arriba o signo dos tempos.
España, España. España que dín que te desfás ( fáino canto antes, por amor do que queiras, sácame do vecindario esta tropa, estas marmotas coloradas e chochalizantes ), en base a qué temes ou sondeas o futuro dun Estado libre e independente que se topa a máis de oito mil kilómetros da túa nauseabunda cobertura? Acaso non hai suficientes temas de cháchara, dende o Real Madrid o desastre urbanístico, pasando polo último disco de Rosa ou pola filantropía da viuda da baronesa dos ascensores, donde centrala inventiva de toda esta fauna que teñan que ser os intestinos de Fidel Castro os blancos de tanta malidecencia. Un país éste ( ou ese, case me vou baixar e alí donde eu pise xa non será España )donde a meirande parte da poboación no grupo de edade do líder político cubano carece dos máis elementales cuidados médicos no seu domicilio e donde entrar nun hospital a facer unha pequena intervención é condenar o ancián a contraer tal sinnúmero de infeccións que a maioría dos galenos desaconsellan calquera tratamento de ese tipo e suxiren convintemente os familiares que o enfermo se quede no seu estercoleiro e evite con eso dar un mal número nas sempre petulantes cifras dos responsables sanitarios. Sin duda si Fidel Castro fose ingresado no Hospital do Meixoeiro ou no CHOU de Ourense eses falsos exiliados da calurosa e húmida Miami terían razóns para danzar con ese aire absurdo e tosco, pero os que coñecemos os avances acaecidos na República de Cuba, unha república de homes libres, non un país de papanatas e súbditos coma os que conforman unha boa parte da poboación do Estado Español, confiamos na pronta recuperación do seu Presidente, a falta de máis datos e de máis futuro, o líder máis valorado e valorable de todos cantos o longo da Historia teñen traballado para cumplir os designios das suas xentes. Ou cree o Sr. Alberto Oliart que nesa escala o seu Presidente Adolfo Suárez e o seu Monarca Juan Carlos el Primero ( e esperemos o último ) serán capaces de auparse polos seus méritos a estadíos superiores o do neto de Láncara?

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera