Smilei no Verruga
Merquei o outro día nunha de estas feiras de verán un libro de Camilo Nogueira que pensei se trataba dunha obra nova de análise e resultou ser un grupo, mais ou menos conexo, de artigos publicados nos medios o longo dos últimos vintecinco anos. Era xa tarde e os postos empezaron a pechar de esa forma amenazante no que un non ten outra que sentirse incómodo, case un convidado o que suplican un oportuno mutis, polo que o feito de mercalo libro foi máis un acto de xenerosidade e de recoñecemento a unha loable actitude divulgativa e comercial por parte do libreiro de A Coruña, que levaba un bó cacho largándome diversos tomos ( este é un libro non doado de topar de fulano, este é un estudo feito en Dublín por mengano do que soio se imprimiron dos mil quinientos, estas conversas con zutano son tamén de grande interés ) para despertalo meu interés. O caso é que por ese desinterés e ante o desorbitado importe que os editores piden polo papel impreso, estaba rumiando non mercar nada até que, nun impulso, botei man o volumen ese do Camilo e marchei con el baixo do brazo a tomar uns viños a Rúa Nova.
Fun a varios sitios, eses os que vou fai moitos anos e, mentras tomaba un pincho, ía lendo algunhas das páxinas e interesándome polos distintos asuntos que alí se trataban. Como me empezou a enredar o asunto e xa pasaba das tres, marchei o Verruga para por punto final cun cacho de queixo con membrillo. Acomodado na barra, mandeille un tinto ben rico e seguín a leer con fruición. Xa non había moita xente, dous grupos pequenos, creo recordar e como me deu gana de mexar, deixei o volume encima da barra e metinme no baño. Alí sempre teñen caralladas no labavo: xabóns de mostra, perfumens... lavei as mans cun xabón de glicerina verde que olía moi ben e collín un par de mostras de Boss. Cando volvín xa non quedaba nadie no bar e parecéume que o libro estaba colocado doutra forma, pero apenas prestei atención o caso e cando me veu ben paguei e marchei.
Pasaron días até que volvín collelo libro de Nogueira; un apenas conta con tempo e sempre se anda a correr, polo que cando quero facerlle os honores a alguén, sempre aproveito a hora de cagar, un dos escasos momentos do día en que teño certa intimidade e solaz. Estaba alí sentado oxeando cando unha folla de papel mecanografiado se deslizou até o chan. Pensei que se trataba dalgunha nota miña que despistara, pero pronto vín que non era así, que a cousa tiña interés e que, mágoa a sua brevedade, podía toparse certo parecido cas telenovelas da tarde na Galega.
“ Certo é que a política fai estraños compañeiros de cama. Quintana está nestes intres claramente apoiado pola UPG, malia que a súa praxe cotiá resulte claramente camilista. E en fronte ten a Beiras, a Camilo e a Alberte. Conste que hai unha diferencia entre os tres. Camilo sempre rexeitou a Quintana, por consideralo insustancial. No fondo, e non sen razón, Camilo síntese moi superior a Quintana. En troques Alberte pactou con Quintana, traizoando (ideolóxicamente) a Camilo e ó que éste sempre representou. Non embargantes agora, como non obtivo prezo pola devandita traizón, cambia de bando. Alberte sempre foi así (un oportunista e un mezquino: todo depende de se a el lle dan un postiño ou non). A diferencia de Camilo que loita polas súas ideas. E Beiras, "facta factotum" de Quintana en detrimento de Camilo, deixa que o orgullo malferido goberne os seus actos.Beiras debeu apoiar no seu día ó millor, que era Camilo. Pero no canto de apoiar ó seu vello contrincante optou por Quintana, quen a súa vez non pagou como debía os favores de Beiras.Non foi quen de respetar ó vello petrucio.
No fondo, todos teñen o que se merecen agás Camilo. Beiras ten o castigo divino de ser traizoado polo seu protexido. Quintana é reo de non saber tratar co decoro debido á figura de Beiras. Alberte, que traizonou a todos, non tivo o postiño que desexaba, e anda en preitos coa CIG por catro cadelas vergoñentas impropias dun Señor. E Camilo, ¿qué pasa con Camilo? Pois Camilo segue coma sempre "erre que erre", "dalle que dalle", coma un tanque, de derrota en derrota deica a victoria final; sentíndose infinítamente superior a Quintana (cousa que é certa). Mais con todo Camilo esquece neste intre unha cousa fundamental: que Quintana dende a Xunta de Galiza está a facer camilismo, e por riba co apoio da UPG, que xa que logo tamén ésta anda a facer, mal que lle pes(o)e, camilismo. Velaquí está o terríbel erro de Camilo. Ser el (e mailos seus máis íntimos fieis) quen se carguen a primeira oportunidade en que o camilismo conqueríu gobernar, aínda que coma lle adoita ocorrer ós grandes profetas (Moisés, Ghandi) el non chegue a ver a terra prometida.
Só cabe esixirlle a don Camilo que non sexa el quen permita que o camilismo de Quintana sexa esmagado. “
E firmaba “Un Camilista” e o lado poñía unha dirección de correo electrónico. Hum, case me parece o inicio dunha trama de John Le Carré. A ver no que dá.
china wholesale dijo
as cousas non son como as pinta a television, juan lado maltratou o can pero o sujeto que as gravou e unha mala persoa que lle esta a facela vida imposible a juan.porque en vez de grabalas imaxes non foi a xunta juan e o avisara?por que non chamou a policia?.Este sujeto o que quere e sacar diñeiro a conta dos demais. È unha mala persoa que esta facendo daño a todo o pobo, e a nadie do pobo lle cae ben desde que chegou.O problema que eles teñen non e polo can que juan sa pagou a sua condena cando foi debido.E aora este sujeto saca as imaxes coa excusa de que juan lle envenenara o can. E non e certo porque o seu can andba polo pobo solto e comendo dos basureiros.E o prblema principal e que o sujeto se quer apoderar do que non e de el. E na television sae como un heroe e non e certo e a persoa mais malvada que existe el mais a sua muller, e tiñao que saber todo españa como sabe que juan maltratou o can pero non esto nunca se sabra porque solo se lle fai caso a este sujeto.TODO ESTO QUE ESTOU CONTANDO E MAIS, E CERTO
24 Octubre 2008 | 05:04 AM