lobos e años
vexo pouca información da película turca o val dos lobos - irak ( kurtlar vadisi - irak ). nin xiquera nos medios que critican abertamente os usamericanos se fai moito eco da fita; ignoro si se debe a que carece de ese valor artístico que tanto precisa a crítica ou si os exhibidores están máis preocupados da cuota de pantalla do próximo film de quiarostami e prefiren non arriscar con productos que poidan molestar a quen mantén a taquilla en movemento.
o cine turco non suele gozar de gran espacio na distribución española ( nin o indio, por certo ), pero este producto ten certo interés comercial, tanto pola sua factura como película de acción como pola sua temática enlazada con feitos que están a producirse, e extráñame sobremaneira que non se teña presentado nas salas donde habitualmente se programan bostas o uso pergreñadas en holliwood ou mesmo en tres cantos. sopoño que os lobbys do sector terán apretado os machos e non consenterán que se mancille o honor de ese glorioso exercito e de esa grande patria da liberdade que na película parece desplomarse coma un castelo de naipes baixo o peso da realidade cotidiá.
o parecer en alemania a longametraxe obtivo excelentes resultados de público, pero foi blanco de críticas por parte de certos sectores ( é sabido que non molestan as cousas que suceden, se non a explicación e difusión das mesmas: a estes sectores non lles molesta, ou polo menos non poñen o berro no ceo, cando un grupo de helicópteros apaches destrúen unha casa con varias persoas dentro, pero sí se consideran perseguidas e vilipendiadas cando unha imaxe amosa a unha nena berrando papá papá nunha praia ), críticas que non sei si finalmente conseguiron paralizar a sua exhibición e impedila no resto de esta nosa libre e magnífica europa.
eles son os lobos e nos os años borreguiles. a por ellos beehhh.
coach outlet dijo
When you can feel the things you want to feel able to say what you feel when this is a very happy time. White blanca
4 Diciembre 2010 | 02:19 AM