Publicidad:
La Coctelera

baltar69

13 Junio 2006

Rompendo as relacións

Conforme van pasando os meses vamos acostumbrando o noso organismo o horror. Éste fáise noso compañeiro cotidiá, coma un amante do que vamos percorrendo e coñecendo cada centímetro do seu corpo. E chega un momento en que o bico da mañán, cerrala porta para ir traballar, sentarse a escoitalo silencio trala cea, vólvense lugares comúns os que acomodalo ser despreocupado.

Son xa moitos meses, moitos anos que vivimos acompañados polos traqueteos da artillería militar e cultural israelí e adormecidos polo imperio mediático que repite en oleadas as interpretacións dos feitos que practican éstes e os usamericanos. Teñen sido tantos os abusos, os crímenes, que xa parece que nada importa nesta deriva. É unha nova máis facéndose oco entre anuncios de limpalouzas nun telediario, unha imaxe máis da infamia na que estamos mergullados.

Que as institucións libres, os gobernos electos, os sindicatos defensores de clase non paren co seu discurso valeiro e marquen un punto final non é culpa de máis nadie que nosa. O que non se cuida, descúidase; e nos estamos descuidando a nosa sanidade de humanidade, de xustiza, de libertade cada vez que obviamos estes e outros feitos e nos diriximos coma unha mansa manada a traballar ou a presenciar calquera dos fastos que presentan para confusión de todos os medios que nos rodean, tan interesados en informarnos da cantidade de cans que quedan sen fogar no verán e dos últimos días de calquera persoaxe mediático. Cada vez que repetimos e damos eco a mensaxes contemporizantes, a declaracións de intencións articuladas cos adxetivos o uso, somos tamén cómplices de Dan Halluzt e das suas tropas. Somos cómplices, e hai que decilo e repetilo ben alto, tódolos días e en tódolos lugares, dun ignominioso holocausto, do máis grande sistema terrorista que ten operado sobre o planeta.

Si Europa está dormida, será mellor levantarse e deixar de ser Europa; si o Goberno de España non é capaz de darnos nin unha pequena compensación será mellor deixar de ser España. Si Madrid, si Bruselas, si Zapatero ou Touriño non teñen nada que decir ante esta barbarie, ante estes descomunales monumentos a hipocresía, é que son institucións e líderes que xa non valen e que deben ser barridos no devalar da Historia como as follas que caerán en Outono.

Todo esto supera o debate absurdo no que estamos ensarillados, socava certamente calquera das mínimas reglas que podamos ter para entender e intercambiar civilización. Un Pobo, un Estado, ten que apresurarse e romper calquera lazo que poida existir con estes carniceiros. Si fai vinte anos, co goberno González, se iniciou unha nova etapa de colaboración con Israel ahora, co goberno de todos os que apoiamos a Zapatero, non queda máis remedio que pechala. Por que xá está ben. Non basta con sacalas tropas do Irak: o meu país, si é que eu teño país aínda, debe romper unilateralmente as relacións con Israel e con os Estados Unidos de Norteamérica. Calquera outra medida xa non vale.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera