18 Junio 2009
"informar aos compradores de que o leite que se vende a baixo custo, de importación, está a prexudicar os produtores galegos", decía xosé agra, do sindicato gandeiros unidos.
eu, que tamén son campesino galego, coñezo ben ese particular. pero tamén coñezo este outro: as subvencións, axudas directas e proteccionismos varios que ue e usa están a fomentar para favorecelos séus agros respectivos condena á poducción agrícola dos paises en desenrolo, xa que son incapaces de loitar contra o dumping o vélas súas fronteiras traspasadas por productos alleos que se venden moi baratos pois estes foron subvencionados no punto de partida.
ese tipo de prácticas realmente non favorece tampouco ao país que realiza estas políticas, pois as axudas saen sempre dos impostos da cidadanía, pero permite criar un momento de economía irreal que non é máis nada que trasladar o problema cara ó futuro, semellante a cando o goberno decide non subirla tarifa da luz por decreto pero pacta cas empresas eléctricas o pago aplazado da diferencia.
cando esa situación subvencionada irreal se achega a unha baixada da fiscalidade e dos tipos como a dos últimos anos en europa, xenera unha distorsión da realidade por parte do cidadá, que se topa ca posibilidade de adquirir insumos e bens de consumo, prohibitivos apenas facía uns meses, sen decatarse da súa feble posición con respecto ós vaivéns do mercado.
por tanto non se trata tanto de informar aos clientes das áreas comerciais, que xa saben o conto de sobra, como de recoñecer a nulidade dun sistema que resulta óptimo soio cando se trata de facer pagalas facturas ó próximo, pero insostible cando eso non sucede e debe se-lo labrego o que cargue ca optimización das súas inversións. os clientes das góndolas levan pagando o leite moitos anos por encima do séu valor no mercado aberto e labregos e centrais leiteiras aproveitátronse de eso. ahora que a política de cotas toca o séu fin e que entra leite noutras condicións, cree o productor que a cidadanía debe facer patria e mirar para outro lado, mercando un producto e pagando o doble por que é galego e por que vai axudarlle a un paisano a cancelalas deudas que ten con agco ou con john deere?
o problema, realmente, ven da desregulación e da apertura dos mercados: si galicia fose un país exportador, interesaríalle esta política liberal a ultranza, pero sendo receptor da maior parte do que consume, tendo unha balanza totalmente deficitaria, temos que poñer coto e ser realistas. moito criticar a cuba ou a china e a rirse de corea do norte pero unha certa autarquía económica ao estilo juche nestes intres sería para galicia moito máis beneficiosa que todos estes experimentos neoliberais. eso e volver traballar algo.
servido por xose manuel
sin comentarios
compártelo
18 Junio 2009
parei no semáforo que hay detrás de san caetano ó lado dunha moza con gafas de sol e pelo lacio. tiña un fermoso perfil e estábame ensoñando ca súa aparente dozura cando apareceu o primeiro fendt, un vario 413. detrás apareceu un " modesto " 308 ci e logo, seguindo un mastodóntico 714, un 412, un 415... xa perdín a conta. despois da orxía verde crara de rodas roxas apareceu o verde forte con discos amarelos dun john deere 6920. detrás segue unha morea de deeres series 6000 e 7000, algún que outro fendt e, salteados, destácanse tamén algúns masseys roxos impecables, relucindo baixo a luz do sol da tarde como si fosen ó acompañamento dunha boda.
para entón xa nin me fixaba na rapaza da esquerda e moito menos no seu minúsculo peugeot granate; aquela avalancha de cabinas refrixeradas e de neumáticos milimétricos que baixaba pola avenida de lugo ocupaba toda a miña atención. o semáforo pasou a verde e arranquei cara o da rotonda, ollando para aqueles mastodontes de morro orgulloso como narices de ovidio nasón más narizado: de vez en cando aparecía algún case, algún new holland, un renault , un claas ou algún deutz, pero víase ás craras que a galicia rural prefire agco e deere, da mesma forma que os políticos prefiren audi e os mestres da moderna universidade pública soltan aceite polo apple.
detido na rotonda, e xa definitivamente perdido o rastro da loira mociña do utilitario, razonei que si estivese no porto de monte carlo un día de concentración de ferraristas de todo europa, a estampa de luxo e ostentación non sería moi distinta a que ofrecían aqueles campesinos en procesión e que a galicia do minifundio é a jauja da cnh fiat, da same deutz far spa, de agco, da john deere... o exemplo está en que dos 600 tractores que fendt comercializa en españa anualmente, case unha terceira parte acaba nos campos galegos donde explotacións de cincuenta vacas contan con investimentos de máis de cincuenta millóns das antigas pesetas e mercan tractores profesionais de máis de 60.000 euros que a duras penas resultan redibles para aqueles que botan 24 horas roturando e sementando nas inmensan planicies castelás.
entón, agora, estes empresarios e propietarios de tan pouco hectárea entregados á visita diaria do carro de mezclas e de veterinarios e á merca tamén contínua de pensos, hormonas, antibióticos e forraxes, suman todos estes imputs ( e os do bmw que teñen na palleira, os do arranxo da casa, os de ter a nena estudando veterinaria en lugo e os do viaxe que fixeron ca coperativa a francia e que rematou naquel desaguisado nas putas do tris tras, acórdaste luís? ) e decátanse que os custes de producción son superiores ó que lles pagan polo producto resultante e cárgana contra o prezo do leite na góndola, sen decatarse que tódalas subvencións que foron recibindo co paso dos anos e que eles empregaron alegremente en aparcar máis maquinaria por km cadrado que en ningunha parte do mundo, foron pagadas non por entes abstractos que se confabulaban para darlles diñeiro se non polos cidadáns que cada día fan un esforzo na cesta da súa compra. e por eso eu, hoxe, merco o que topo máis a prezo ( o bomilk ), por que o leite é eso: soio leite e paréceme un auténtico abuso o prezo de un euro por un producto que se pode topar, en bruto, no mercado libre mundial por 0,21 céntimos.
a política de cotas, tan denostada ás veces e agora tan laida por productores e síndicos, supuxo a criazón dunha burbulla semellante á inmobiliaria no campo galego. agora toca facerse cruces e implorar árnica e os campesinos que escoitaron os cantos de serea de fabricantes, banqueiros e políticos terán o mesmo pago que os proletarios das cidades que creeron que entre ricos e pobres hai unha clase media ou que entre esquerda e dereita hai unha terceira vía: estes perderán a súa casa ( e seguírana pagando, ollo, logo de levar satisfeito moitos recibos en anos), casa que será requisada pola banca ca certificación do xulgado e a bendición da santamadreiglesia para logo ser vendida ós constructores ( os que teñen diñeiro fresco, amigo; por que pensades que xa non constrúen? váilles ser máis barato recomprar o que ante venderon pagando un 50, un 60% ou un 70% menos ); os campesinos pola súa banda verán como marchan os cambios powershift pola porta do curral e como pagarán de novo unhas propiedades que xa tiñan desamortizadas os seus devanceiros con moito gasto de sudor e menos asesores fiscais e coperativas. mentras tanto os políticos e xerentes recollerán o séus premios e aguinaldos millonarios por ter prestado tan bos servicios á oligarquía capitalista e dirán, torcendo o xesto mentras toman albariño e arroz con bogavante na atalaia sobre silgar do hotel sanxenxo, que " esto demuestra, amigo pedro, que un sector subvencionado acaba siempre siendo un sector arruinado, como bien nos decían en la facultad. lo importante ahora es buscar la fórmula para poder competir mejor y, entre nosotros, buscar otro nicho desesperado para volver a venderles la estampita".
servido por xose manuel
sin comentarios
compártelo
11 Junio 2009
hai toda unha curia funcionarial tirando do cotarro lingüistico ( a lista é dun artigo de vieiros de firmantes a prol de non sei que campaña ): CIG, CCOO, CSI-CSIF, FETE-UGT, STEG, CAE, ASPG, Nova Escola Galega, Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia, Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra , Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, A Mesa pola Normalización Lingüística..., e a industria editorial subvencionada ( coño, que louzán se negue a pagar con diñeiros públicos fondos editoriais inútiles da deputación até pode ser unha medida revolucionaria, que o ía decir de tal persoaxe? ), os padroados, fundacións, maiorazgos, obras pías e un sinfín de figuras intelectuais que arrepañan con todo en fastos e poltronas. quere decirme o lector que non son todos unha vergoñenta piara de chupópteros, aplaudindo ó político de turno mentras manteñen a raia a súa nómina?
pero claro, quen carallo ten peito para meterse con este lobby? quen lle pide contas a freixanes ou a manolo bragado? era boa...
todo o que se gasta en cultura ou en santificar " o público " parece que non admite crítica. é coma unha nova relixión, donde en vez de doce apóstolos á mesa póñense barreiro, vilares, os sindicatos multiclase e os mencionados antes e hai que dála por calada, por que si non eres un facha, un parvo ou un resentido.
pero eu dígovos que non, amiguiños. non.
da mesma forma que os que estiveron no goberno bipartito quentando cátedra son os responsabeis da imparable debacle do benegá, os sindicatos e funcionarios da sanidade e educación públicas son os responsabeis da súa paulatina decrepitude e do séu anquilosamento. e, por ende, os que dín traballar pola cultura galega e polo idioma son os que están a machacalo, eso sí, ca inestimable axuda da señora lago e a súa cuadrilla de liberticidas que non acaban de entender que a tríada incluía tamén igualdade e fraternidade.
o idioma, o galego, e a nación galega están perfectamente vivos. son, existen. soio unha aberración pode polos en dúbida. non precisamos defensores que os apupen con cargo ao presuposto. e o coñecemento da língoa ( o bó coñecemento da mesma ) non pode valorizarse como un coñecemento técnico ou unha licenciatura para un posto na función pública. os que apoian eso soio están buscando buratos administrativos para enchufar a mediocres. non me veñan co conto que o médico ten que falar galego ó paciente: o médico ten que entendelo cliente e viceversa, pero é máis importante que o galeno cure ao doente que o código que use.
vaia tamén por diante que todo este debate para mín xa vai errado de entrada: estou completamente en contra do actual sistema administrativo e entendo que o réxime funcionarial é unha auténtica rémora para o desenrolo do noso país, pero eso xa é outra historia que ahora non toca.
servido por xose manuel
sin comentarios
compártelo
1 Junio 2009
interesante será constatar si a bloquería acadará os cen mil votos desta volta, en plena resaca desnortada pola perda das poltronas en san caetano e dez anos depois de que a lista encabezada por camilo nogueira rondase os 350.000 sufraxios.
por suposto que a causa de esta hipotética debacle será achacada nos medios polos primeiros figuras da formación vazquezquintanista a diversos factores esóxenos entre os que terá preponderancia a escasa madurez do votante galego medio, o desinterés xeral por un proxecto europeo mal comprendido e peor explicado dende madrí ou a sensación de lexanía que desperta entre vimiazo e a mezquita eso de bruxelas e estrasburgo. nadie se sentirá vinculado a estes resultados e o debate interno será mínimo, pois estase ben seguro de que unha rapaza tan agradable como ana miranda, políglota ela e con ese sorriso desarmante que agroma nos carteis, é o mellor para galicia.
en troques, no privado, os militantes máis adeptos e os cadros socialdemócratas atacarán directamente ás forzas de esquerda tipo iniciativa internacionalista como as causantes do previsible fracaso, tildándoas de alleas e castelás ( non sei si tamén voltarán ao termo stalinista e/ou colonialista para adxetivar a esta nova billa pola que o benegá seguirá a desangrarse, pois ahora á brigada parlamentaria prodúcelle urticaria calquera tese que poña en entredito a orde donde tan ben pretenderon moverse estes últimos anos ).
e será por ahí, pola súa esquerda, por donde acabe de desangrase a formación frentista até que se atope conformada por unha amalgama impegable que se plegará por un lado os populares e por outro lados os do pesoe.
mala herencia deixaron pois estes anos de goberno na xunta, tan malos que meteron entre nos a misma semente da destrucción, semente que agromou e se foi ensarillando tan fortemente que agora xa non hai solución. o bloque nacionalista galego, tal e como o coñecemos, está acabado e estas eleccións europeas van a certificar a súa pronta defunción; agotado en reunións, mesas e ponencias o séu creto, eu tamén votarei pola lista encabezada por alfonso sastre.
servido por xose manuel
sin comentarios
compártelo
28 Mayo 2009
o marco xeográfico do mosteiro de oseira é cautivador e invita á introspección e á serenidade. xa baixes por furco, por poboadura ou pola fraga de trabazos logo de casar de maría e vales, a sensación de irse sumindo nunha atmósfera de paz goberna as vontades en cada metro da ruta que baixa ao val polo que descurre o sixiloso río homónimo.
o silencio magnífico da pedra vella ten un exponente máximo no recoleto ceminterio adosado ó lateral da igrexa románica, donde as tumbas presentan testemuñas de outros tempos a través de fotos e daguerrotipos que amosan homes e mulleres de miradas furtivas e pómulos huesudos, con peles tersas tostadas polo sol das seituras e cabelos grasos traballados ca mezcla de auga e suor. sosprendidos en roupa nova sempre demasiado folgada para as súas formas, eses descoñecidos devanceiros son a exemplarización perfecta dunha casta que se quedou sen representantes no pazo do hórreo, demasiado ocupados éstes últimos en ultimalo pasado recente en percuras dunha modernidade allea e espúrea.
cerca do pobo raso soterrado, na zona máis sombría e húmida, uns sinxelos túmulos escarvados na terra e coroados con cruces de madeira enumeran, coma caladas letanías, o recordo dos monxes que elexiron aqueles muros como fogar. a humildade de estes servidores contrasta ca grandilocuencia funeraria dos mausoleos que para remontarse no tempo e no recordo erixen as clases nobles e a burguesía industrial para entregar á terra os restos írtigos do patrono de traxe e bastón e da súa dona de pelo branco empolvado e colo teso.
nese lugar séntome durante horas en silencio con graham greene, co vendedor de aspiradoras jim wormold, con maurice castle, co cónsul charles fortnum, con maurice bendrix, alter ego do propio greene que chega arrastrando a perna seca un pouco por diante dun asustado e sempre mollado henry miles; co abogado chavel, ca filla do doutor fischer de xenebra ann-marie, co otormentado curiña fuxitivo da revolta cristeira... na casa mazado, o outro lado do museo etnográfico, toman licor café o estafador harry lime e o seu amigo holly martins, o maior scoobie e thomas fowler e fóra, na rúa empedrada, helen sostén a sarah miles presa, nese momento, dunha violenta crise de tos.
sei que wilson, alden pyle, o xeral téth, o sirio yusef, o dr. perceval, o reclutador hawthorne e o capitán segura andan fedellando nos montes de mirallós e ideando perrerías pero eu, alí, na quietude tranquila do camposanto, recoñezome seguro, libre e igual.
pregúntolle a greene: é certo que vostede abrazou o cristianismo aquí en oseira? mírame con suavidade e malancolía, pero non responde. fáino unha voz detrás de mín, leopoldo durán: non, o sr. greene fíxose católico para contentar a súa esposa vivien fai máis de setenta anos.
graham greene sonríe levemente e volve pousala vista nas carballeiras da ladeira, brilantes baixo o sol da tarde que se encolle.
servido por xose manuel
1 comentario
compártelo
27 Mayo 2009
oh, que linda expresión... compañero sentimental.
me recuerda una canción de la billo´s. pum pum pum pum pum pum pum. yo soy caribe, soy tropical pum pum pum pumpum pum pum temperamento sentimental.
compañero sentimental? quíen habrá pergreñado semejante cosa?
en los bares, entre cervezas y vino peleón, se aduce directamente a los individuos en estas lides como machacas si andan parejos en edad los intimantes e incluso en el caso de que la fémina sea más joven; en caso contrario, si la hembra sobrepasa en edad al varón, la cosa se transforma en marondismo y el adjetivo será ya, obviamente, marondo, que no macondo.
en el puesto de la verdura de las plazas de abastos de provincias y entre mujeres de más de cincuenta traslaciones orbitales, se le titula, bien ajenas a la dulzura de la palabra, como el querido por mucho que en aquellas épocas de sus penúltimos fragores los medios mitificasen el macho con el marchamo de galán.
mucho más hechas a este tipo de coyunturas en estos tiempos de desectructuración y fornicio, las funcionarias de lo público en la hora del café agrandan mucho los ojos, aprietan los muslos y fuerzan el bilabial al decir amante.
para los viajantes y elementos comerciales de culo inquieto, la alternancia geográfica de las pasiones kilométricas las adjetiva como apaños y las mujeres profesionales, hijas todavía de algún recato atávico dimanado de los más de dos mil años de desastroso judeocristianismo, lo definen a su confidente puntual, bajando la voz y huyendo la mirada, como lío.
los más jóvenes de la casa proponen con ligereza y frescura fórmulas más casuales y ambiguas como novio, amigo, pareja o, ya en encaje con la tradición lírica medieval, enamorado.
pero compañero sentimental solo lo tengo escuchado y leído en los medios.
yo nunca tuve compañera sentimental y no conozo a nadie, hombre, mujer o bujarrón del pesoe ( esta zerolada es una broma, una pequeña licencia que me permito por que me sale de los huevos ) que en algún momento se haya referido a su partenaire como compañero sentimental.
imagino que la expresión se utiliza en este reducto de lo políticamente correcto para suavizar el peso de la aversión que el ciudadano bien pensante y educado puede sentir al dibujar en su magín las formas voluptuosas de una damisela que recibe, ansiosa, pletórica y gozosa, una pinga que la horada sin haber mediado anteriormente la santificación sacramental que para el efecto formulan las múltiples congregaciones, sectas y poderes terrenos que nos rodean.
es pues ahora, en el momento luctuoso, cuando esa imagen infernal de boboseante y ponzoñoso clímax femenino se torna más horrorosa a las conciencias y para ello debe acuñarse este giro eufemístico del compañerismo sentimental para no lacerar la conciencia del hipotecado padre de familia ni mancillar la honra que se oculta debajo de la braguita de la nena prepúber.
ah, que cosa!
empecinado en el asunto, hasta se me ha dado por pensar que el acuñador de tamaño retruécano fue el despedido julián reyes, que si vale de cabeza de turco para el affaire del himno de la final copera, también podrá, diosmediante, cargar con esto sin sobrecargarle mucho la cruz. pido para él otra sonora pitada. sshhhhhiiiiii.
servido por xose manuel
sin comentarios
compártelo
20 Mayo 2009
a ocupación dos gobernos e da clase políticofuncionarial non é outra que selos encargados de encauzar e transferir o diñeiro dos impostados cara o grande capital mentras os gabinetes de prensa artellan campañas de imaxe nas que transformar estes feitos en maravillosas concesións á cidadanía.
de esta forma a industria da automoción, auténtica covacha de latrocinios varios dos que tamén subsiste esa referida clase do inicio do texto, verase subvencionada da mesma forma que anteriormente o foron os bancos e os constructores, sen que na sociedade se produza un debate aberto acerca da necesidade de tales supostos e sin que se corrixan os defectos que desembocaron na crise actual.
chama a atención tamén que zapatero e os eu partido a teña collido ca industria allea da electrónica e maniobre para axilizalas ventas de ordenadores subportátiles e de pizarras interactivas, dispositivos que no mundo empresarial carecen de calquera tipo de atractivo e que son reconducidos por obra e gracia dos fondos públicos cara o mercado da ensinanza cando a maioría dos docentes recoñecen a súa ineficacia e o farragoso de preparar as clases con tales artiluxios.
é algo semellante o gaias, o ave ou os fondos para os concellos. son maniobras que non resisten o máis mínimo análise económico ou social. pero o destino de ese diñeiro é claro e o resto é rapsodia.
como, desgraciadamente para esta caterva, cada día somos máis os cidadáns que empezamos a velo asunto claro, as maniobras de prohibicións e contaminacións cara os procesos electorais non teñen feito máis que empezar, nunha loca carreira da oligarquía por apartar dos medios masivos e dos centros de poder calquera disenso que poida danar esas transferencias impúdicas.
queda en mans, pois, da sociedade civil caer nas trampas do consumismo desbocado outra vez e esixir un xiro ás políticas económicas que coloquen ó cidadán como o centro das mesmas, xa que das clases gobernantes non podemos esperar nada, chámense éstas pepé, pesoe ou bloque.
servido por xose manuel
sin comentarios
compártelo
18 Mayo 2009
fai casi dez anos, baixo a luz magnífica dun 31 de decembro e recostado á sombra da estatua ecuestre de bruno mauricio de zabala, pontificaba do papel de benedetti na política e renegaba da simpleza dos seus textos. tiña eu a panza chea logo dunha pantagruélica incursión nos asados do mercado do porto e a norteña en botellas de a litro empezaba a pasar factura.
qué sería de benedetti sin o exilio madrileño, preguntaba á miña acompañante para iniciar a disertación sobre o papel dos que se quedaron, dos que sufriron cárcere e miseria e dos que traballaron arreo para sacar adiante as súas familias e levantar os seus negocios.
benedetti era un producto da industria do entreteñemento, de prisa e dos seus tentáculos, que pouco tiña que ver co uruguay vivo e dolarizado que pululaba enrededor: cas hectáreas replantadas de aucalipto a veira da interbalnearia, ca riqueza cárnica das estancias de rocha, co porto do buceo e o barrio de pocitos, co wtc e as torres náuticas desaparecendo fugaces mentras a brisa entraba polas ventanas do coche lanzado polas ramblas do litoral repletas de paseantes con termo baixo do brazo que se sentían protexidos pola ríxida estructura da embaixada dos usa.
uruguay, país moderno e avanzado en educación e economía liberal, non podía arrolincarse nas hábiles construccións gramaticales do de paso de los toros, reliquia de outros tempos xa pasados como ese amor desmedido e terno de tantos anos con luz lópez.
bla bla bla. e a plaga galaico criolla educada na universidade da república e na ort aplaude que por fin alguén de europa non esté luxado por ese virus tastabexo da industria culturaleira e achega datos de crecemento, de benestar, de riqueza que sepultan ós persoaxes de don mario no pozo do olvido.
pero dez anos depois un decátase de que todo aquelo era mentira: os datos estaban trucados, a inxeñería financieira mantiña en pé xigantes con pes de barro e o papel da pequena república non era máis que o de ser tapón do desenrolo rexional e cabeza de ponte do neoliberalismo que acabaría con batlle chorándolle a duhalde e a blancos e colorados pedindo árnica.
e neses derradeiros dez anos a imaxe sempre serea e amable de mario benedettí non deixou de estar en ningún momento do lado de aqueles que pretenderon unha mellor américa e un mellor mundo para todos: non cexou frente a cuba nin nos peores momentos á forma de saramago, apoiou a chávez en venezuela e foi quen de plasmalo desengaño con tabaré vázquez.
ahora, no momento da súa falta xa definitiva, debo pedirlle perdón o seu recordo por ter volto contra el a miña airada palabrería e recoñecerlle méritos que oxalá algunha vez poda ver en mín, por mui minimizados que se presenten.
marchouse o fin martín santomé das nosas vidas e dende xa todos estaremos un pouco maís soios.
servido por xose manuel
sin comentarios
compártelo